Santiago, 21 de xuño de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá nas próximas horas a disposición da cidadanía no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp/ o borrador da oferta de ciclos formativos para o curso 2017/18, a través do que se ofrecen 4295 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Lugo (un incremento de aproximadamente o 2,5%), en 177 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 3138 forman parte do réxime ordinario – 1393 en grao medio, 1185 en grao superior e 560 en FP Básica-, mentres que outras 587 son do réxime modular para persoas adultas – 319 en grao medio e 268 en grao superior-, 300 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 150 en grao superior-, 190 en FP Dual – 70 en grao medio e 120 en grao superior-, e outras 80 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa.
Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.
Novos ciclos
Na provincia de Lugo implantaranse como novidade nos respectivos centros o ciclos de grao medio en réxime ordinario de Atención a persoas en situación de dependencia (IES Lois Peña Novo, Vilalba) e o de Xardinaría e floraría (IES Plurilingüe San Rosendo, Mondoñedo), e en grao superior o de Educación infantil (IES Francisco Daviña Rey, Monforte de Lemos).
Aposta pola FP Dual
A oferta incorpora as súas principais novidades na FP Dual, que duplica as súas prazas na provincia. Deste xeito no curso 2017/18 arrincará no IES de Foz unha das tres dobres titulacións – que se implantan por primeira vez en Galicia- en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración, en colaboración con Arlea Hotels. Este ciclo permitirá ao alumnado estes dous títulos en tres cursos académicos en lugar dos catro habituais.
Ademais, este curso poranse en marcha os ciclos de grao medio de Cociña e gastronomía (IES Sanxillao, Lugo, coa empresa Oca Hotels), Aproveitamento e conservación do medio natural (IES San Rosendo, Mondoñedo, con 12 empresas e a Asociación Provincial de Empresarios de la Primera Transformación de la Madera de Lugo), e Electromecánica de maquinaria (CIFP Porta da Auga, Ribadeo, con 7 empresas).
En grao superior, tamén na modalidade dual, será novo o ciclo de Estética integral e benestar (IES Muralla Romana, Lugo, con Oca Hotels).
No referido ás reedicións (proxectos de FP Dual xa desenvolvidos en anos anteriores, que ofertan de novo prazas en primeiro curso), serano en grao superior os ciclos de Desenvolvemento de aplicacións web (IES Val do Asma, Chantada, con Roomleader e IGM WEB), Administración e finanzas (IES Val do Asma, Chantada, con Citadel), e Axencias de viaxes e xestión de eventos (IES Val do Asma, Chantada, con Hotusa Hotel e Restel).
Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP fluctúa para adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros.
Así o IES de_Monterroso deixa de ofertar o ciclo de FP Básica de Informática e comunicacións e múdao polo de Informática de oficina. No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural do IES San Rosendo (Mondoñedo) pasa á modalidade dual.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



