Lugo, 5 de xullo de 2017.- A Consellería do Medio Rural colabora cos concellos lugueses na prevención e loita contra os incendios forestais a través da posta en marcha de 72 brigadas municipais. A medida beneficia a 55 concellos da provincia.
O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que “a colaboración cos municipios enmárcase no ámbito da coordinación e apoio entre administracións” e explicou que o persoal destas brigadas ven a completar o operativo despregado con persoal propio pola Xunta en toda a provincia, co que “o dispositivo de loita contra incendios deste ano será similar en liñas xerais ao do pasado exercicio en canto a número de efectivos”.
As brigadas teñen como principal obxectivo a limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido. Estes traballos consistirán na posta en marcha de roza manual, rareo e eliminación de restos durante os tres meses de operativo destas brigadas, co obxectivo de levar a cabo labores de prevención. Tamén realizan labores de vixilancia e extinción baixo o mando único establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).
Balseiro considerou que a maioría dos concellos “teñen a mesma sensibilidade que a Xunta” para facer fronte a esta lacra e existe unha “excelente coordinación” entre administracións.
Convenio trianual
Medio Rural ofreceu aos concellos lucenses a posibilidade de acollerse ao convenio de colaboración que desde o ano 2016 ten carácter trianual, o que permite ás entidades locais realizar unha mellor planificación contra os lumes.
A finalidade do mesmo é tripla: ademais da conformación das brigadas que, na maioría dos casos permite a contratación de cinco compoñentes, inclúe o mantemento e actuación dos vehículos motobombas e a realización de tratamentos preventivos forestais en vías e camiños de titularidade municipal coa intención de minimizar o risco e os efectos dos lumes. Cada municipio pode subscribir voluntariamente unha, dúas ou todas as actuacións.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



