Estas mulleres foron derivadas dos Servicios Sociais e do CIM de este Concello. O Programa P.R.I.A.P.E. e un programa de búsqueda activa de emprego para as mulleres, o seu obxetivo e o de acadar a sua reinsercion no mercado laboral. Dende o programa, Mujeres en Igualdad Burela, ofrece apoio para superar as dificultades específicas que interfiren o longo de todo o proceso da búsqueda de emprego, ata acadar a sua incorporación no mercado laboral de xeito efectivo. Durante os meses de agosto e setembro, realizaranse duas accions formativas en Viveiro, a primeira para axudar as mulleres a superar as probas das competencias clave 2, necesarias para acceder os certificados de profesionalidade, e a outra será un curso de camareira de pisos, que ao remate, contará con prácticas laborales nun hotel da zona.
As mulleres interesadas en participar neste programa de emprego, deberán chamar ao teléfono 609837645.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



