No restaurante Boa Vista de Celeiro, os compañeiros de Manolo e Jorge reunímonos este venres para ofrecerlles un merecidísimo homenaxe polas súas prexubilacións. Na actualidade desempeñaban funcións de Planificación dentro do departamento de Mantemento en Alúmina, pero a ocupación que durante mais tempo desenvolveron foi como Técnicos de Produción, e cando Alcoa fíxose dona do complexo destináronos á implantación do sistema de Xestión Alcoano (ABS). Ás sobremesas fíxoselles entrega de varios agasallos que agradeceron con emoción. Agora, Manolo vai seguir coas súas responsabilidades de Concelleiro en Viveiro e coa presidencia de Promavi, e o pouco tempo que quede, coa súa gran afección as viaxes. Pola súa banda Jorge, ao que tamén lle gusta viaxar, compartirá o tempo co seu outra dedicación á xardinería.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



