A Mariña 22-9-17. Se gostas de cantar en grupo sen nengun estilo en concreto pode ser este quizás o teu lugar. Precisanse persoas con certo ouvido musical a nivel armónico e acostumadas a cantar sexa de maneira profesional ou amateur, precisanse persoas que entendan o grande acto de xenerosidade e respeto que é cantar en comunidade con outros-as. Precisanse persoas de calquer idade e condición.
Os ensaios do coro levanse a cabo na Escola Vella de Rinlo os venres as sete da tarde até as nove. O repertorio é de inspiración mariñeira, é dizer, todas aquelas cancións ben sexan de pop, rock, tradicional, jazz…que sexan do gosto das persoas do coro e que teñan o mar como telón de fondo.
Os arranxos vocais son realizados por Pierrot Rougier, músico bretón afincado no Occidente de Asturias e o coro é co-dirixido pola cantora e compositora Ugia Pedreira nada en Foz.
O coro promove cursos de formación con expertos profesionais do canto coral, xa pasaron por Rinlo a directora de teatro-voz Cristina Dominguez (ex-directora do Centro Dramático Galego), o recoñecido director coral Ramón Bermejo (Coro da Rá, Compostela), a bailarina Irene Alvarez e a poeta Marina Oural, Chefa Alonso (Madrid) dando curso de improvisación e tenen pensado seguir coa liña formativa que abren a toda a comunidade coral da Mariña e Occidente astur.
Entre o repertorio actual do coro está “Serpientes de Mar” de Silvio Rodriguez, “Alfonsina y el Mar”, “Chalanero” canción popular fronteiriza entre Asturias e Galiza, un cover de “Viento del Norte” en galego do cántabro Nando Agueros que informou ao coro do seu interese neste cover galego para si mesmo, a popular canción mariñeira “A dorniña” , “Sail on sailor “ de The Beach Boys….
O traballo de arranxos de nova creación, divulgación, ensino e aprendizaxe do coro mantense cunha matrícula individual de 30 euros ao mes que cubre ensaios de venres e mesmo algún pola semán.
No Coro da Mariña tense moi en consideración as necesidades e cualidades individuais de cada cantor-a, a heterogeneidade e diferencia é un valor en alza aproveitada para a conxunción colectiva e son final.
Mais información na pag. Facebook do coro, no tlfe 627 934368 ou no email ugia@folque.com.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).