Burela 22-9-17. O Pescados Rubén Burela FS estreará os compromisos ligueiros a domicilio o sábado, na segunda xornada de Primeira RFEF, coa visita ao impoñente Universidad de Alicante (18.30 horas). O cadro de Julio Delgado e Iván Cao, Lucas, espera emoción e espectáculo tanto dentro como fóra da pista: “É unha semana moi ilusionante. Estamos con moitas ganas de que chegue o sábado porque é un partido moi bonito tanto para ver coma para xogar e imos a Alacante con toda a ilusión do mundo para poder traer os 3 puntos”, explicaba Judith, autora do 6-5 definitivo que lles deu a vitoria ás laranxas na xornada inaugural.
Ao final só quedou nun susto o gran golpe que se deu a 15 mariñá na cadeira contra a portería nesa acción, o sábado pasado: “Estou moi contenta por poder axudar o equipo con ese gol. O luns e o martes estiven á marxe do grupo pero xa estou adestrando con normalidade. Só foi un golpe e o importante foi que o gol serviu para quedarnos cos 3 puntos”.
Malia a complexidade da cita, Judith espera que o Pescados Rubén dea un paso adiante no seu xogo: “É un equipo que volve aspirar ao título; o ano pasado xa o demostrou quedando subcampión. Vai ser un partido bonito, pero tamén complicado. É un rival con moita fortaleza física; para poder conseguir a vitoria temos que xogar ao que sabemos. Temos moita ilusión e moitas ganas de xogar e de poder ofrecer unha mellor imaxe que a do sábado, sen ter que sufrir tanto. Esperamos traer a vitoria e seguir medrando colectiva e individualmente” explicaba a burelista.
A expedición, que partiu onte ás 22.30 horas, adestrará esta mañá xa no seu destino (12.30 horas).
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk
Copa Galicia
O Pescados Rubén pechará os compromisos de grupo de Copa Galicia o mércores 27, na pista do Valdetires FSF (21.00 horas).

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
