Burela, 30 de outubro de 2017. O vindeiro venres, 3 de novembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a representación da obra O furancho, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Isabel Risco. Está dirixida a público adulto. As entradas, que terán un prezo de 5 euros, xa se poden mercar na Biblioteca Municipal de Burela.
Ibuprofeno Teatro presenta un espectáculo de creación propia, sustentado na interpretación actoral e na escrita dramática, que parte da imetáfora de converter o escenario do teatro nun furancho. Para os habitantes das Rías Baixas é un referente moi claro: un tipo de local ao que todo o mundo foi algunha vez, que é un fenómeno popular nas primaveras, cunha afluencia de público sorprendente, cun ambiente moi peculiar. Conservan aínda, na maioría dos casos, o regusto da tradición, que consiste en servir nas bodegas os excedentes da colleita, o cal converte as casas da xente en tabernas improvisadas e rudimentarias nas que os veciños se atopan espontaneamente para picar algo e, moitas veces, cantar e facer algo de festa.
Na aposta por recrear o furancho xógase, por unha banda, coa idea de festa e lugar de encontro: nos furanchos o viño non é máis ca unha escusa, xa que o primordial é que son espazos de reunión (como os teatros) nos que se vai a pasalo ben, cántase, báilase e celébrase a amizade, seguindo unha tradición comunitaria moi antiga. Por outra banda, xógase á contra coa idea do “glamour”, xa que os furanchos -a maioría- caracterízanse por todo o contrario: teñen unha decoración rudimentaria, enxebre, moi lonxe da elegancia dos restaurantes luxosos das cidades, nos que persoas vestidas de etiqueta brindan con champaña. Ou, para o que a nós nos interesa, digamos que nos furanchos hai outra concepción do glamour (“Somos fashion victims de comareiro”).
As dúas personaxes protagonistas son as representantes dunha xeración moi ben formada, preparada e consciente da súa identidade cultural e lingüística. Pero tamén cunha visión moi ampla do mundo, global e cosmopolita. Esta é unha dualidade coa que xogan en todo momento: “Temos un pé na leira e outro no ciberespazo”. A súa aposta empresarial consiste en montar un furancho, que se converte durante a función nunha metáfora da súa actitude vitalista e a súa ansia por levar adiante proxectos para aportarlle algo á comunidade. O carácter improvisado e pouco elaborado da estética do Furancho, que depende do voluntarismo dun produtor de viño non profesional que non dispón de medios para decorar ou adecentar un local con criterios de elegancia, vén expresar esta precariedade no traballo dos creadores.
Durante a función, ademais, faise un cuestionamento, desde o humor, de tópicos e mitos da cultura e do carácter galego, “para tratar, por unha banda, de vernos representados e rirnos de nós mesmos, e, por outra, de criticar a autocompracencia coa que se despachan a cotío actitudes que van en contra da defensa dos valores e da identidade propia”.
As anfitrioas, as que rexentan o local e reciben os clientes son dúas mulleres, dúas pallasas: Marián Bañobre e Isabel Risco. Despois de ter formado dúo cómico en traballos anteriores en espectáculos como As Cincentas ou As Vingadoras, encarnan agora dous personaxes novos baseados na súa concepción do clown, enerxética e desvergonzada, na que elas teñen moita forza e moito “feeling” co público.
No seu vestiario verase reflectido ese concepto do “glamour de furancho” ou “agroglamour”, xa que a proposta de vestiario é o traxe de galegas (de gala) pero deconstruído e volto a reconstruír por elas mesmas con criterios estéticos de clown: Marián recrea a imaxe dos peliqueiros e Isabel recorre ao dengue e á saia vermella co lagarto pintado; ambas levan cores vivas e calzan zocos de deseño.
Na apertura da función preséntanse como artistas multidisciplinares (“Tanto facemos unha performance como costumizamos un tractor”) que loitan por amosar as súas creacións artísticas e iniciativas culturais ao público, a pesar do contexto hostil no que vivimos. Este furancho de deseño é a súa última aposta empresarial, pero está en crise. As súas donas non se poñen de acordo na xestión do negocio, nas iniciativas que deben tomar para conseguir que se salve dun peche inminente por falta de vendas e de asistencia de público. O seu traballo como cociñeiras é caótico.
Os conflitos entre elas multiplícanse, pero a súa enerxía e a súa creatividade fai que sempre teñan solucións. Así pois, deciden converter o local nun “Furancho-Spa” no que ofrecen tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. Amosan os seus servizos facendo unha demostración en directo con algún voluntario do público. Logo chégalles a noticia de que vai haber un casting de danza, ante a cal se poñen moi nerviosas e deciden poñerse mans á obra para preparalo o mellor posible, ensaiando unha coreografía inspirada en elementos tirados da realidade galega.
E despois de pasar por momentos felices, de ilusión e actitude positiva, e por outros máis tristes, o furancho ten que pechar. Como boas pallasas, fracasan nos seus intentos e nos seus desexos, e a cara cómica, despois de quitar a máscara, convértese nunha cara tráxica. As furancheiras teñen que desmontar o seu negocio e marchar coas maletas cara a outro lugar, como tantas outras veces marcharon -e seguen marchando- os seus compatriotas, pola imposibilidade de conseguir desenvolver unha vida plena na súa terra.
Os continuos saltos entre o riso e a bágoa, entre a diversión e a reflexión, pretenden ofrecer un espectáculo moi vivo, contundente nas formas e nos contidos, que se basea na interpretación das dúas actrices, que encarnan dúas personaxes entrañables que loitan e sofren: espellos nos que se poida recoñecer o espectador.






















Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.



