VIVEIRO 30 de Outubro de 2017. Debido ó abandono e desgaste de lugares, parques e zonas naturais e urbanas. NNXX de Viveiro propón ó Concello elaborar unha mesa de expertos para a creación de un Plan de Embelecemento Local. Na que participen Artistas, Comerciantes, Urbanistas, Axentes Culturais e Políticos.
Existen estos programas en distintas vilas turísticas e históricas ó longo da Penínsulas. Fuerteventura, Mutxamiel, San Pedro de Alcántara, Urduña, Getafe, Huelva o Baleares. Exemplos ó longo do mundo. Sitios que se viron descoidados pola desmesura no boom da construción, pola contaminación e pola falta de tacto ou bo gusto. Temos que crear unha liña a seguir de futuro que conserve o noso e implante unha esencia máxica e única, sen ir tan lonxe, como teñen vilas veciñas de Cantabria ou Asturias.
A Idea sería a seguinte, ver nas nosas rúas e ambientes públicos arranxados e potenciados.
Este proxecto traería repercusión social, de calidade vital e económica, está claro que sería un plus para o crecemento cultural, comercial e turístico.
O custe non sería elevado, as cousas ben custan menos ó longo que mal feitas. Sería cuestión de creatividade. Simplemente habería que reutilizar/reciclar material que hai nos depósitos, crear concursos para arte urbán ou premios pola conservación e engalamento de vivendas, replantar xardíns e zonas verdes con árbores autóctonas ou exóticas, barrios por cores, esculturas, vinilos, ocograbados ou pintados con frases dos nosos ilustres literatos, bancos rústicos, doazóns e apertura a posibles filántropos ou colaboradores, murais tapiando defectos, placas informativas cos sitios importantes e casas nas que naceron ilustres, urbanismo cívico con apertura de espazos, sendeiros, peonalización … e un senfín de ideas.
A clave sería humanizar e dotar de encanto áreas como Cantarrana, Celeiro, Verxeles, Misericordia, Xunqueira, Covas, Magazos … e extender este programa ás áreas rurais onde hai un gran canteira.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



