Ribadeo, 7 de novembro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que a Xunta tan só cumpre coas súas obrigas no investimento que anunciou para a estación de autobuses hai uns días o portavoz do PP en Ribadeo. O rexedor subliña que o pasado mes de marzo o Concello dirixiulle un escrito á Xunta reclamando un arranxo desa instalación, que presenta importantes deficiencias que poden ser un perigo para os seus usuarios. Ese escrito ía acompañado dun informe técnico coas anomalías detectadas na estación de autobuses de Ribadeo, que é de titularidade autonómica.
Suárez Barcia manifestou que “estamos quedando estupefactos do que vemos nos medios de comunicación por parte do PP de Ribadeo, supoño que é porque cada vez lles queda menos tempo para as eleccións e entón queren facer que fan. A última foi que xa sae o portavoz do PP anunciando inversións da Xunta cando desde o propio Concello non somos coñecedores de tal evento. En todo caso recibímolas de moi boa satisfacción, pero sobre todo por ser o Concello de Ribadeo quen en marzo lle tivo que apretar as caravillas á Xunta de Galicia a conta da deixación e do desleixo no que teñen a estación de autobuses, de titularidade autonómica desde hai moitisimos anos”.
O rexedor dixo: “refírome ao escrito que lle mandamos en marzo deste ano á Xunta acompañado dun informe técnico no que se poñían de manifesto graves deficiencias de conservación que eran un perigo para os usuarios da estación de autobuses, e incluso onde os chegamos dunha maneira cordial a ameazar de que isto non podía seguir así”.
O alcalde di que “a contestación da Xunta xa hai meses foi que efectivamente que tomarían nota e que farían un proxecto que é o que se acaba de facer aquí, é dicir, nin máis nin menos que teñen que cumprir coas súas obrigas como propietarios”.
Suárez Barcia ribadense engadiu que “nos parece moi ben que o portavoz do PP ande de adalid, de celestino, pero para estes viaxes non fan falla estas alforxas”.
No escrito remitido en marzo á Xunta denúnciase que “o estado de abandono é xeneralizado, observando que a cuberta do apeadeiro dos buses está mal ancorada e cos canalóns deteriorados, o que provoca a caída de augas pluviais polo edificio introducíndose no interior do mesmo, nas oficinas dos operarios da estación, xerando un espazo insalubre debido a humidades e filtracións de auga”. Tamén recolle que “a instalación eléctrica é deficiente” e alude “á necesidade de reparar elementos puntuais no falso teito do interior da estación de autobuses”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



