Pouco tempo atrás o Presidente de Galicia o Sr. Feijoo nunha entrevista na radio de todos e todas, falaba da AP9 e falaba de que vai ser transferida, estou seguro de que falaba en serio é máis sei que no 2018 ou 2019 vaia ser transferida porque tamén vai ser transferida a autoestrada vasca. É unha boa nova, é unha acción de recibo para o noso País, para a nosa Terra, pero ollo non vai ser a solución de nada, dada a mediocridade política dos populares galegos. Tende en conta que xa o Presidente do PP, na mesma entrevista, puxo a vacina antes de tempo (é máis listo que algunha eurodeputada, este sabe do funcionamento das vacinas) falando dunha sorte de flexibilización de peaxes de ida-volta-volta-ida dunha tarifa nocturna … unha vergoña, ou se é Presidente ou non se é. A Ap-9 e non só esta senón todas a autoestradas galegas teñen que ser como as Asturianas, gratis.
É bo ir adiantándose e berrando, ASÍ NON VALE FEIJOO, así non solucionamos nada, no canto de vender xestións miserentas e mediocres explique Presidente, porque os galegos pagamos e outros non, porque as nosas empresas teñen que ser menos competitivas, porque o que tiña que vertebrar o País e unha trampa para a economía, porque o carburante é máis caro en Galicia, porque con menos salarios pagamos nas autoestradas… a resposta e porque vostedes non pensan en Galicia, non queren ser Galeguistas, queren ser Homes de Estado e mentres soñan coa Monclóa a nosa Terra padece. Lembrade galegos que este Presidente veu con paracaídas.
Por unha vez temos que ser capaces de ver a súa torpe estratexia, non poden vendernos esta xestión coma se fose a chave das noces. Non poden facer unha solución cosmética pensando en votos e no aparello de publicidade, non poden poñer un prezo tan baixo a Galicia.
Señor Feijoo se de verdade é Presidente de Galicia, se de verdade se considera galeguista, se de verdade sinte o noso País, reclame ás competencias precisas, quite os peaxes, reclame as inversións necesarias para que a xente de Galicia vivamos o mellor posible, para unhas mellores e máis competitivas empresas, para atraer inversión, para xerar emprego, de momento non o está a facer. Con humildade: ASÍ NON NOS VALE FEIJOO
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



