NOTA DE PRENSA
O ANTERIOR GOBERNO DA DEPUTACION NUNCA ASUMIU O GASTO DA AMPLIACION DO MUSEO DO MAR COMO DI VILLARES
O organismo provincial limitouse a pedir ao concello a posta a disposición do solo nas condicións urbanísticas necesarias
Villares trata de tapar a súa incompetencia co Museo de Sargadelos con escusas de mal pagador
Cervo, 11 de xaneiro de 2010. O BNG de Cervo sae ao paso das declaracións do alcalde de Cervo, Alfonso Vilares nas que reclamaba un maior compromiso do goberno provincial co Museo do Mar para proceder á súa ampliación. Os nacionalistas tachan ao alcalde cervense de “mentiroso compulsivo”, xa que nunca o ente provincial gobernado polo PP asumiu a financiamento da ampliación do museo como di Villares, “limitouse a pedir ao concello a posta a disposición do solo necesario nas condicións urbanísticas axeitadas ao uso que se pretende”. Con anterioridade, tanto membros do goberno local como da Deputación, tiveron a cara dura de anunciar a inminente compra do solar anexo ao museo, cando o único que fixeron foi tensionar as relacións cos seus propietarios que buscaron ferramentas de defensa, entre elas a tramitación dun estudo de detalle para edificar.
Villares inventouse o financiamento do anterior goberno da Deputación para a compra do solar anexo ao Museo do Mar.
O BNG de cervo por medio do seu portavoz municipal, saíu ao paso das declaracións do alcalde cervense sobre un posíbel apoio económico para a compra do solar anexo ao Museo do Mar, que nunca existiu formalmente. O nacionalista esgrimiu un acordo da Xunta de Goberno da Deputación do 22 de abril de 2005, aínda gobernada polo PP, no que “non existía ningún compromiso económico para a compra desa parcela”, unicamente a petición ao concello de Cervo da posta a disposición dos terreos nas condicións urbanísticas axeitadas para o fin que se pretendía, e dicir, “o goberno da Deputación daquel momento, pedía ao goberno local a adquisición dor terreos, a modificación da súa normativa urbanística e despois xa se vería”. Aínda con este acordo na man, o alcalde cervense non tivo reparos en mentir ao Pleno da Corporación en setembro de 2007 e tamén ao conxunto da cidadanía cervense ao propoñer en base a este documento que o pleno instase ao ente provincial o financiamento total do proceso de ampliación do Museo. Estúa tachou ao goberno local de “mentirosos compulsivos”, “mentiron no 2003 cando anunciaron a inminente compra do solar anexo ao Museo, mentiron ao pleno de Cervo en setembro de 2007, cando daban por feito un financiamento que non existía, e seguen mentindo cando insisten nas mesmas mentiras”
Mentres o Museo do Mar segue aberto e ofrecendo actividades pola contra o Histórico de Sargadelos pecha co beneplácito do Alcalde.
Estúa denunciou que o alcalde trata de tapar a incapacidade do goberno local e da Consellaría de Cultura que permitiron o peche durante un mes do Museo Histórico de Sargadelos, “obviando que nesas datas había visitas programadas que deberon anularse”, o nacionalista insistiu en que “Villares non toma en serio as cousas e degrada coa súa actitude os recursos culturais e turísticos do concello”. Estúa contrapón que mentres o alcalde convida a dirixentes da Consellaría de Turismo e da Xunta a reunións en sedes de proxectos virtuais como o de “Terras azul cobalto”, desaproveita a oportunidade de difundir e requirir apoios para proxectos realistas e consolidados como e o Conxunto Histórico de Sargadelos e o seu Museo. “E unha mágoa, prosigue Estúa, que Villares no lugar de atender ao que lle compete, trate de tapar a súa incompetencia con escusas de mal pagador”, e lembrou que “o Museo do Mar mantívose aberto e con actividades durante o Nadal, aínda que Villares non o visite moito e non se interese polas súas exposicións e actividade preocupándose so para utilizalo como ferramenta política”. “O portavoz municipal nacionalista volveu demandar ao PP que non entorpezan o traballo dos actuais responsábeis da Deputación, xa que ao contrario do que sucedeu no pasado, traballan en serio e con rigor para a súa ampliación.”



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



