Lugo, 22 de decembro de 2017O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre a aprobación na Xunta de Goberno este venres de investimentos de 5,2 millóns para a dotación ou mellora de servizos públicos en 31 Concellos. Trátanse da construción da residencia pública de Becerreá e do arranxo de 8 estradas provinciais, 28 accesos viarios, do campo de fútbol A Medela de Taboada, 9 traídas de auga, 5 locais sociais, así como da compra de maquinaria para o parque móbil de Negueira de Muñiz. A maiores, resolvéronse axudas de 288.000 euros a colectivos culturais de toda a provincia, que permitirán o desenvolvemento dun total de 278 actividades neste eido no rural lugués.
Acordouse a contratación con 3,4 millóns de euros das obras de construción da residencia pública de Becerreá. Acadouse un aforro de 1,4 millóns na adxudicación destes traballos, que poderán iniciarse nas vindeiras semanas.
Destínase 1 millón ao arranxo de 16 quilómetros das seguintes 8 estradas provinciais: LU-P-2801 de Santo Tomé por San Adriano e Augaxosa a Arroxo, LU-P-2803 de Santo Tomé a Lindín e LU-P-2805 de Santo Tomé a Santa María Maior, en Lourenzá; LU-P-0705 dende a LU-722 por Vilamane e Seivane a Tucende, en Becerreá; LU-P-3003 de Meira por Leiras á N-640 e LU-P-3005 de Couso a Vilar de Carota, en Meira; LU-P-4806 da N-640 en Vilaxe por Galegos e Vilar de Corota a Ribeira de Piquín, en Ribeira de Piquín; e LU-P-1611 (cinturón comarcal) ao por Castroverde. Son actuacións enmarcadas no Plan de Mellora de Estradas Provinciais nos 67 Concellos da provincia a través do crédito de 15 millóns de euros.
A Xunta de Goberno acordou achegar case 500.000 euros á mellora de accesos viarios a 28 núcleos rurais de Friol, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Trabada, As Nogais, O Incio, Chantada, Foz, Guntín, Bóveda, Triacastela, Pol, A Fonsagrada, Láncara, O Corgo, Castroverde, Lugo, A Pastoriza, O Vicedo, Riotorto, Portomarín, Negueira de Muñiz, A Pontenova e Ribas de Sil.
Achéganse 170.000 euros á mellora do campo de fútbol A Medela de Taboada.
Destínanse 125.000 euros á mellora de 9 traídas de auga doutros tantos núcleos rurais de Baleira, Riotorto, Friol, Portomarín, Negueira de Muñiz, Cervantes, A Pontenova, Ribas do Sil e Pol.
Outros 30.000 euros son para compra de maquinaria dirixida ao reforzo do parque móbil do Concello de Negueira de Muñiz.
Invístense 27.000 euros no arranxo de 5 locais sociais de núcleos rurais de Cervantes, Lugo, A Pastoriza, Pantón e O Vicedo.
Campos Conde explicou que a maiores destas actuación de 5,1 millóns para a dotación e mellora de servizos públicos en 31 Concellos; o Executivo da Deputación aprobou na Xunta de Goberno a resolución de axudas culturais de concorrencia competitiva por valor de 288.000 euros para o desenvolvemento dun total de 278 actividades no rural lugués a través do tecido asociativa da provincia.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



