Barreiros, 28 de decembro de 2017. O vindeiro 30 de decembro terá lugar o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, que disputarán o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. Os partidos darán comezo ás catro da tarde. A final está prevista para as 20:00 horas e ás nove da noite será a entrega de trofeos.
Segundo explican desde o Praias de Barreiros “este maratón está feito para a recollida de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos do Concello barreirense. Durante a xornada do Trofeo as persoas interesadas en participar nesta campaña poderá facer as súas doazóns desde as tres da tarde ás nove da noite no pavillón municipal de Barreiros”. E engaden que “xa desde o luns e ata mañá de 10 a 13 horas e de 17 a 21 está en marcha esta campaña”.
O II Trofeo Solidario está organizado polo Praias de Barreiros CD, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a Xunta de Galicia, Deportes Galego, Galicia Saudable, a Federación Galega de Fútbol e os clubs que participan no evento.
Desde a organización sinalan: “queremos agradecer de antemán a todas esas persoas que de forma voluntaria e altruísta fan que este torneo se poda levar a cabo. Desde a directiva animamos a todo o mundo a que acuda a gozar dunha tarde de futsal na que todos ganaremos independentemente do resultado no luminoso. Grazas equipo, estamos seguros de que non nos ides fallar”.
O II Torneo Solidario foi presentado nas últimas horas no pavillón municipal de Barreiros. No acto participaron membros do Praias de Barreiros CD, ademais de Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, e o alcalde, Alfonso Fuente.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
