A nena Antía Gutiérrez Gavín, de 11 anos de idade, é a gañadora do concurso de debuxo convocado polo Concello de Lourenzá para utilizar como imaxe do cartel da cabalgata dos Reis Magos. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “Antía Gutiérrez Gavín, de 11 anos, é a autora do debuxo que resultou gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para que serva como cartel anunciador da Cabalgata de Reis que se vai celebrar o próximo 5 de xaneiro. O premio, que consiste nun lote de material didáctico, será entregado o día da cabalgata”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



