Mondoñedo, 29 de xaneiro de 2018. Os socialistas de Mondoñedo acúsana Elena Candia de favorecer intereses privados con diñeiro publico nas obras do Barrio de San Lázaro. Esperanza González denuncia que na última sesión plenaria o Equipo de Goberno do PP aprobou unha cesión de terreos ao Concello “sen contar con ningún informe, xurídico, técnico ou urbanístico que avale esta proposta de cesión de terreos”.
González preguntou tanto na Comisión Informativa como na Sesión Plenaria “si existía algún documento no que constara que os cedentes destes terreos cumpría cos seus deberes legais que lles marca a Lei de Solo de Galicia. Ou si existía algunha Informe técnico ou xurídico que garantira a equivalencia de valores entre as dúas partes. A resposta dos servizos xurídicos foi que non facían falta.”, relatou.
Así as cousas ante a negativa de informar sobre asunto “o Grupo Socialista votou en contra desta cesión. Ademais este proxecto beneficia claramente a un empresario que ten os terreos no Barrio de San Lázaro, polo tanto non é unha obra de interese xeral, senón particular. Xa que tal e como consta na proposta da Alcaldía sinala que se van executar obras en muros e valados que pertencen a súa propiedade, e que ao noso entender, xa deberían estar urbanizados, tal e como marca a propia Lei do Solo de Galicia (Artigos 20 e 30). Polo tanto non existe interese xeral nesta novas dotacións, senón particular”, resumiu González.
A voceira remarcou que Candia “ten unha tendencia moi perigosa en favorecer interese privados”.
Consello de Contras
Ademais o Grupo Socialista realizou varias preguntas relacionadas con facturas do Concello. “Concretamente preguntamos por un pago de 30.000 euros para Universidad a Distancia (UDIMA), destinado ao proxecto MONDOTECH. E tamén por un requerimento do Consello de Contas sobre a formalización do Contrato de recollida de residuos urbanos do Concello; os servicios xurídicos do Concello informáronnos que era un erro “de códigos” ao introducir datos na súa plataforma dixital”.
Queixas no Servizo de Axuda no Fogar
O Grupo Socialista tamén se fixo eco, nesta mesma sesión plenaria, das queixas e do malestar dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, xa que ultimamente están sufrindo moitos cambios. O equipo de Goberno informou que acaban de realizar novos “encadres”, para ofrecer un mellor servizo.
Pistas en mal estado en Argomoso
Por último o Grupo Socialista fixose eco das queixas dos veciños de Argomoso, tras os traballos realizados nas pistas do Concello, executados pola empresa Excavaciones Ramsei SL., e que a día de hoxe xa cobraron polos traballos realizados. “Os veciños denuncian que limparon as cunetas e deixaron a maleza extraída nas propias cunetas, provocando inundacións nas vías, converténdose moitas vias nun autentico lameiral. Ademais din que as actuacións levadas a cabo na reparación das fochancas foi moi escasa. Polo tanto demandamos que se revisen estas pistas e que se acondicionen os camiños para garantir que os veciños do Concello poidan circular con seguridade pola mesman. Non entendemos como ningún responsable do Concello foi revisar estas obras, para comprobar que estas melloras se axustan ao proxecto e que se cumpren co asinado”, rematou.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.