Lugo, 6 de febreiro de 2018- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, copresidiron esta mañá a reunión ordinaria da xunta local de seguridade, na que se constatou o descenso da delincuencia rexistrada ao longo do ano pasado no municipio, mantendo así a tendencia á baixa que se aprecia dende o ano 2015.
Ademais do subdelegado e do alcalde, na xuntanza participaron tamén representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
DESCENSO DELINCUENCIAL XERALIZADO
Os datos oficiais presentados esta mañá revelan un descenso en prácticamente tódalas tipoloxías delictivas, tanto das enmarcadas nos delitos graves como leves. No caso dos delitos graves, e atendendo aos datos oficiais, os membros da xunta de seguridade destacaron a reducción dos delitos contra o patrimonio, que son os que rexistran unha maior incidencia no municipio, e que se sitúan cunha media de tres denuncias ao mes en 2017. Descenden tamén os delitos contra as persoas, os delitos contra a seguridade colectiva (como son os delitos contra a seguridade vial e contra a saúde pública), e especialmente os delitos contra a liberdade (nos que se engloban as ameazas e as coaccións, por exemplo), que se reduciron á metade.
Tanto o alcalde como o subdelegado do Goberno salientaron o elevado índice de efectividade policial. Durante o ano pasado, os axentes da Garda Civil esclareceron preto do 60% dos feitos delictivos rexistrados en Burela. Froito dun intenso traballo de investigación, no que contaron tamén coa colaboración dos demais corpos de seguridade con presenza no municipio, detiveron a 40 persoas e imputaron a outras 45.
PLAN PARA MELLORAR A SEGURIDADE ESCOLAR
O subdelegado do Goberno informou do labor desenvolvido nos centros de ensino de Burela ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar. Este plan pretende reforzar a educación, prevención e vixianza nos centros escolares poñendo á súa disposición a asistencia técnica que precisen para previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnado, pais e nais e profesorado sobre os problemas de seguridade que afectan aos máis novos.
No actual curso académico, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade impartiron 11 charlas en centros de ensino do municipio mariñano: 6 sobre os riscos de internet e as novas tecnoloxías, 2 sobre violencia de xénero, outras 2 sobre os perigos do alcohol e as drogas, e 1 sobre o acoso escolar. Están pendentes de realizar outras 9, no CEIP Vista Alegre e o IES Monte Castelo, todas con data xa fixada.
No curso 2016-2017, os centros bureleses acolleran un total de 19 charlas nas que se trataron, ademais das temáticas anteriores, aspectos relacionados co racismo e a xenofobia e coa prevención dos lumes forestais.
En termos xerais, e segundo constatou a Comisión Autonómica de Seguemento deste plan director reunida o pasado mes na Delegación do Goberno en Galicia, no pasado curso beneficiáronse do programa máis de 106.000 alumnas e alumnos galegos. As actividades máis solicitadas foron as referidas aos riscos das novas tecnoloxías e ao acoso escolar, mentras que as actividades no ámbito da prevención da violencia de xénero foron as que experimentaron o maior incremento.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



