Lugo, 6 de febreiro de 2018.- Ata o vindeiro día 12 de febreiro permanece aberto o prazo dun mes dado aos concellos para presentar as solicitudes de financiamento de persoal por parte da Xunta de Galicia ao abeiro de dous programas de fomento do emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os concellos que opten a estas axudas poderán, por unha banda, contratar a persoas que estean percibindo a Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e incorporalos aos servizos municipais, e por outra, contar con máis persoal para labores de salvamento e socorrismo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas dúas liñas de colaboración coas entidades locais supuxeron no 2017 a contratación de 279 persoas na provincia de Lugo, grazas a un investimento do Goberno autonómico de 1,8 millóns de euros.
Balseiro lembrou que a Consellería atendeu a totalidade das solicitudes que presentaron 37 concellos lucenses para contratar a persoas perceptoras da Risga, con achegas que sumaron 1,4 millóns de euros e 167 traballadores beneficiados.
Doutro lado, facilitou a contratación de 112 socorristas que velaron durante o verán pola seguridade nas praias e piscinas dos 40 concellos da provincia que solicitaron este servizo, neste caso achegando un orzamento de 343.000 euros.
Novas convocatorias
Nas convocatorias do presente exercicio a Consellería de Economía e Industria destina preto de 7 millóns de euros para a contratación de 1.420 desempregados nos concellos de Galicia.
Así, dun lado consigna 5,7 millóns de euros para a contratación de 800 persoas perceptoras da Risga en 192 concellos, tendo preferencia, ao igual que o pasado ano, aquelas persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.
Con independencia da duración do contrato, o período que financiará a Xunta con estes apoios, que van dirixidos a concellos e as agrupacións de concellos, será de sete meses. A contía que se conceda será a equivalente ao necesario para sufragar os custes salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente. Para a resolución das axudas terase en conta o número de desempregados e a evolución do paro rexistrado entre 2013 e 2017 de cada localidade, así como a evolución da poboación neste período e o número de perceptores da Risga a 31 de decembro deste ano.
O Goberno galego, doutra banda, destina 1,3 millóns de euros para a inserción no mercado de traballo de 620 persoas sen emprego en 150 concellos e que realizarán obras ou servizos de interese xeral ou social. Nesta convocatoria terán preferencia os servizos relacionados con Protección Civil e seguridade das persoas e bens, especialmente os proxectos que correspondan a servizos de salvamento e socorrismo.
Adquirir experiencia laboral
Con estas dúas convocatorias de axudas, ofrécese ás persoas desempregadas unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunda na mellora da súa empregabilidade e que facilita a súa futura inserción no mercado de traballo.
O obxectivo é apoiar á Administración local na dinamización da súa economía e seguir contribuíndo a mellorar a inserción laboral no territorio galego.
As dúas accións forman parte da Axenda 20 para o Emprego coa que a Xunta está impulsando a calidade no mercado de traballo e coa que se está contribuíndo á redución do paro en Galicia e á creación de emprego. De feito, Galicia pechou 2017 con 21.713 afiliados máis que en 2016, a maior subida da última década. O paro baixou o pasado ano nun 10,15% con respecto a 2016 e na evolución mensual foi o primeiro mes de decembro no que se produciu un descenso do desemprego de toda a serie histórico. Segundo os datos do mes de xaneiro, Lugo foi a provincia galega na que máis baixou o paro no último ano, un 13,8%, rexistrando en concreto 2.971 persoas desempregadas menos.
As convocatorias publicáronse no Diario Oficial de Galicia e poden consultarse nos seguintes enlaces:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180111/AnuncioG0424-181217-0005_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0424-181217-0007_gl.html


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



