Foz, 14 de febreiro de 2018. O Concello de Foz recibiu da Xunta de Galicia un desfibrilador, que instalará no pavillón polideportivo de Marzán. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, viaxou hoxe a Santiago, acompañado por representantes da agrupación local de Protección Civil, para recibir este equipamento.
O rexedor focego anunciou: “vimos de recibir, xunto coa a agrupación de Protección Civil de Foz, un desfibrilador por parte da Xunta de Galicia. É un equipamento que nos facía moita falta e que imos ter no recentemente restaurado pavillón polideportivo municipal de Marzán”.
O alcalde lembrou que “había unha serie de peticións, tamén no pleno, de dotar ao pavillón de Marzán cun desfibrilador e na primeira oportunidade que tivemos para facelo aí o temos e non hai ningún custe para o Concello”.
Castiñeira explicou que “no día de hoxe tamén o responsable do pavillón e o de Protección Civil recibiron a formación para poder usalo. É unha dotación máis moi interesante, aínda esperemos loxicamente que non haxa que facer uso del, e que se une aos outros dous desfibriladores que ten Protección Civil de Foz e que se usan no período estival para poñer nos diferentes postos de socorro”.
Javier Castiñeira engadiu que “súmanse tamén a todo o equipamento que durante estes últimos anos viñemos recibindo da Axencia Galega de Seguridade como unha pick up para Protección Civil, o remolque último con equipos para Protección Civil, outro vehículo para a Policía Local e lanchas pneumáticas; equipos para Protección Civil que ao final redundan nos veciños de Foz”.
O rexedor municipal mostrouse “contento por recibir este desfibrilador que era necesario para o noso pavillón e que aumenta a seguridade e a tranquilidade dos deportistas focenses”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



