Lugo, 15 de maio de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano García, e a Alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro Garcia, presentaron esta mañá na Praza Pastor Díaz, a primeira audioguia teatralizada da cidade do Landro. “Este proxecto, que promove o Goberno da Deputación, a través da Mancomunidade de Municpios da Mariña, inclúe tamén audioguías para os cascos de Ribadeo e Viveiro que foron presentadas onte. O Goberno da Deputación é o principal impulsor deste proxecto cun investimento de 25.000 euros”, explicou Vidal Baamonde.
Na presentación tamén estiveron presentes os responsables da empresa de realizar este proxecto, o Grupo Chévere, unha compañía de teatro con 30 anos de traxectoria que creou e xestionou un teatro propio durante 20 anos (a Sala Nasa), realizou numerosos proxectos audiovisuais tanto en cine como na televisión e internet e desenvolveu un proxecto de compañía residente único en España, ademais de ser unha das nove compañías de teatro galardoadas co Premio Nacional de Teatro desde 1949.
Poñer en valor os recursos patrimoniais naturais e culturais
O Deputado de Turismo remarcou que “esta iniciativa novidosa contribuirá a poñer en valor os recursos patrimoniais naturais e culturais, así como os conxuntos históricos da provincia, que contribúen de xeito decisivo a impulsar actividades de promoción turística nos 16 Concellos desta Comarca”.
Vidal Baamonde dixo que “estas audioguías son un soporte moi difundido no sector turístico, utilizado habitualmente para valorizar o patrimonio histórico e artístico. E, por iso, son un recurso complementario das visitas con guía e mesmo das visitas teatralizadas, que seguro terán moito éxito na Comarca”.
Historias persoalizadas e adaptadas a cada destino
O Presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano García explicou que estas audioguias “desenvolven historias persoalizadas e adaptadas a cada destino. Concretamente, en Mondoñedo o fío condutor é Cunqueiro, en Ribadeo proponse un paseo polo Ribadeo Indiano, e en Viveiro convértese nunha viaxe no tempo pola historia da cidade a través dalgúns personaxes históricos. Polo tanto, estamos diante dun produto cun coidado proceso de documentación no que se identifican sucesos, personaxes e lugares con nome propio, que forman parte da intrahistoria de cada sitio, que servirán para descubrir a esencia de cada unha das vilas e, ao mesmo tempo, descubrir a Comarca”.
A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, agradeceu a implicación da Deputación e da Mancomunidade neste novidoso proxecto. “Viveiro conta coa primeira audioguía grazas ao apoio da Deputación e da Mancomunidade”. Nese senso sinalou que “este novidoso proxecto contribuirá a atraer máis visitantes ao noso Concello, estas audioguías son un aliciente máis para descubrir Viveiro”.
Viveiro
Neste caso, o roteiro por Viveiro convérsese nunha viaxe no tempo pola historia da cidade a través dalgunhas personaxes históricas, unhas anónimas e outras con relevancia na vida política, económica ou artística. Acompañaremos a un paseante nouturno nunha viaxe fantástica por rúas e prazas de Viveiro, seremos espectadores das súas conversas con Pastor Díaz, George Borrow, Nemesio Barreiro, Maruxa Mallo ou Emilio Caxete “O Rabeno”, asistiremos á toma do Concello liderada por Xan de Izá en 1812, e aos sucesos de novembro de 1911, seremos testemuñas da rivalidade entre a Banda dos Exploradores e Os Tolinos, seguiremos a Don Adolfito o trovador, escoitaremos algúns maios e algunha copla de entroido. Coñeceremos o testamento de María Sarmiento e os negocios de José Barro, visitaremos o Colexio Insigne, a Casa dos Leóns, a taberna de Rosendo, o Convento das Concepcionistas, a Igrexa de Santa María, a Calexa das Monxas, o Pazo Valledor, o Teatro Pastor Díaz, a Calexa do Muro, a Praza de Abastos e a Fonte da Area.
O relato está influído pola literatura fantástica. É un conto de pantasmas, unha historia de mortos vivintes que nos permite revivir escenas do pasado de Viveiro. Só ao final descubriremos que a persoaxe que nos conduce a través das rúas do casco histórico de Viveiro é tamén unha pantasma. Ao chegar á Fonte da Area poderemos descubrir que a voz narradora é unha homenaxe ao ilustre intelectual e diplomático vivarense Lois Tobío. Unha personaxe que é interpretada por Pepe Penabade, actor nacido en Viveiro.
Percorrido
A duración do paseo é de 47 minutos. Este é o percorrido:
1. Praza Maior
2. Rúa María Sarmiento/Porta Maior
3. Rúa de Abaixo/Casa dos Leóns
4. Rúa de Abaixo/Praza da Fonte Nova
5. Rúa Melitón Cortiñas/Rúa Rosalía de Castro
6. Porta da Vila
7. Avda. De Lourdes/Convento Concepcionistas
8. Igrexa de Santa María/Calexa das monxas/Porta do Valado
9. Rúa de Arriba/Irmáns Vilar Ponte
10. Rúa de Luis Trelles/Teatro Pastor Díaz
11. Calella do Muro
12. Praza de Abastos/Ribeira/Fonte da Area

























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



