Barreiros 20-5-18. A recén creada asociación “Hostelería de Barreiros” ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha “marca” de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.
As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por facer gala da riqueza natural existente, tanto en relación ao mar como á montaña, e as alternativas de lecer que este entorno ofrece: tales como o sendeirismo ou deportes naúticos, parapente, deportes de montaña, etc. Igualmente, coinciden tamén en que se conta cunha rica gastronomía que poñer en valor, mediante o emprego entre outros, de produtos de proximidade, así como o aproveitamento do agroturismo en relación a estes; opcións para persoas que realizan o Camiño de Santiago; etc.
A procura da desestacionalización turística, é dicir, buscar a chegada de visitantes máis alá dos meses de verán formúlase como un dos principais retos. Así pois, convidan á participación neste concurso e a inspirarse en todas as razóns que ofrece Barreiros para ser visitado e quedar nel durante uns días.
O concurso, dispoñible nos perfís de Facebook e Instagram de “Hostelería de Barreiros”, rematará o día 25 de maio ás 23:59h. Cada persoa interesada en participar pode escribir ata un máximo de dous lemas, e debe facelo engadindo a súa aportación nos comentarios da publicación orixinal. Aqueles 3 comentarios con máis reaccións de “gústame” en cada unha das dúas redes pasarán a unha fase final na cal serán as persoas que integran a asociación as que escollan o lema gañador. Como premio: un vale por 180€ para empregar nos establecementos que forman parte desta asociación.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



