Dende outubro vivimos unha mutación constitucional á marxe de todo procedemento legal, en clave de estado de excepción non declarado. Porque o Goberno do Estado e o Senado, seguindo a Carl Schmitt, acordaron medidas de excepción á marxe da legalidade, na pura lóxica do “a por ellos” e do “hay que hacer todo lo que haya que hacer”
O artigo 155 da Constitución permite só adoptar medidas de control e intervención do autogoberno, como escrebiron xuristas ben alleos ao soberanismo, como Gª de Enterría ou Gil-Robles Gil-Delgado. Mais non medidas de suspensión da autonomía, como o cesamento do Goberno catalán e a disolución do seu Parlament. Porén, as medidas de excepción non ficaron no 27-O senón que continuaron ao se decretar prisión para políticos por mór de inexistentes delictos de rebelión ou sedición e ao vulneraren a competencia dos Tribunais ordinarios cataláns para que fosen a Aud. Nacional (AN) e o T. Supremo (TS) os que axuizaran os procedementos abertos contra os nunca violentos líderes soberanistas.
O discurso do Xefe do Estado do 3-O chamou á implícita declaración deste estado de excepción. E dende entón os seus tres piares políticos desputan irracionalmente para ver quén propón a ilegalidade máis grande. Disque para defender a unidade de España.
O PSOE (especialista en lle mercar o relato territorial á dereita españolista) chegou estes días a extremos impensábeis hai poucos meses, como reformar o Código Penal para castigar como delictos de rebelión decisións ou actuacións políticas non violentas. Seica tamèn a convocatoria de referéndums. Emenda á totalidade ás reformas xurídico-penais de Belloch (1995) e Zapatero (2005). Sinal inequívoco de que os presos están no cárcere pola decisión arbitraria dos maxistrados do TS e de que a súa inminente perda dos dereitos políticos (só posíbel neste caso antes da sentenza por unha interlocutoria de procesamento definitiva polo delicto de rebelión ) vai contra toda legalidade.
Mais no presente campionato europeo de ilegalidades tamén salientan a proposta de Ciudadanos de que continúe o 155 malia que haxa novo Govern ou a provisional decisión do Goberno do Estado do PP de non publicar no DOGC o nomeamento do novo Govern, esquecendo maliciosamente que todas as persoas nomeadas están na plenitude dos seus dereitos políticos e que a publicación é un acto regrado e incondicional.
Malos tempos para se dedicar ao Dereito.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



