Apreciado equipo de goberno do concello de Lourenzá:
O Sr Fernández Villalba durante estes 3 anos estivo onde o puxo o pobo laurentino cos seus votos, é dicir , na oposición.
O Sr Fernández é libre de manifestarse cando o considere oportuno. E ten liberdade para asistir a cuantos actos considere adecuados e pertinentes, non precisa que ninguén lle indique a cales acudir ou a cales non.
Salvo que reciba unha invitación oficial para un acto do concello, a súa presencia é a nivel persoal, non como concelleiro. Aos devanditos actos organizados polo grupo de goberno nin os seus propios concelleiros asisten a todos como é evidente e calquera pode comprender que pode ser por variadas razóns incluídas as de tema laboral.
A campaña electoral comeza xustamente cando esta alcaldía inicia o período de asfaltado de pistas, é un clásico en toda regra, nin niso cambian as formas de gobernar doutras forzas políticas contrarias, o devandito, un clásico.
Os concelleiros no desempeño da súa actividade política están expostos a recibir criticas, como non pode ser doutra forma. Non saber encaixalas e criticar que se realicen pola oposición parece unha perrencha de nenos en lugar dunha resposta de adultos.
Sr portavoz, a oposición basicamente está para vixiar e criticar o traballo do equipo de goberno. Para iso sérvense das actas que lles envían os órganos de goberno e da solicitude de determinadas informacións que piden ao Concello sobre algunha queixa ou suxestión que lles fan chegar os veciños.
Respecto das ausencias do sr Rivas, non mente vd ao dicir que de aproximadamente 40 só faltou a 8.
Imos matizar isto, verá como soa doutra forma, e tampouco mentimos nós:
Os membros das xuntas de goberno cobran por asistencia a ditas xuntas, o mesmo que o resto de concelleiros ao asistir a plenos. Excepto a sra Alcaldesa que cobra dedicación exclusiva. Desde o momento en que ao sr Rivas concédeselle unha dedicación parcial , deixa de percibir as súas dietas ao asistir ás xuntas de goberno . Así chegamos á situación que a partir de maio de 2016 data en que levado a pleno a súa dedicación parcial , entre setembro de 2016 e decembro de 2017 deixa de acudir a 7 comisións, o normal é que se realice 1 por mes, por certo que o 90% son extraordinarias, as ordinarias son unha excepción. No que vai de 2018 só faltou a 1. Así que xa non necesita ir para ter un salario, todo moi legal pero pouco ético na nosa opinión.
Posto que este equipo de goberno tivo tanta xenerosidade co noso concelleiro, atrasando media hora os plenos, para adaptalos ás súas necesidades laborais, o cal lles agradecemos infinitamente, dá mostra do seu talante, non sabemos como non son capaces de facer o propio co seu compañeiro. Unha vez máis grazas pola súa deferencia.
E xa para rematar, dicímoslle que non temos que aclarar quen é o noso inimigo, non o temos, se cadra entre vostedes hai guerra por iso falan de inimigos. O BNG sempre procurou o benestar de todos os laurentinos, non duns poucos, non facemos oposición conxunta co PP, estamos na oposición cada un cos seus argumentos e as súas formas, igual que vostedes.
Agradecémoslle tamén que saía a defender ao PP polas duras críticas que lle fixemos no tema Tovar, entendemos entón que vds estaban de acordo coa súa forma de actuar a pesar dos cuantiosos danos que se causaron ás arcas municipais pola súa mala xestión.
Lembrámoslles que a entón concelleira da oposición e actual alcaldesa manifestábase, pouco ben é certo, no sentido de que os culpables pagasen do seu peto os prexuízos que causaban aos veciños coas súas actuacións, tanto no referente a Tovar como noutros asuntos bastante polémicos. Pero unha vez chegada á alcaldía ¿tentou buscar algunha solución?¿Tentou buscar eses culpables e facer que pagaran? ¿Que xestións está a facer para resolver eses problemas?
Sr Arango, agradecémoslle que non nos considere inimigos, pero tampo ud se equivoque de rival. Os ventiladores unha vez postos a virar dan moitas voltas, o pó pódenos salpicar a todos, e neste concello cremos que hai moito pó para limpar. E poden vostedes criticarnos o que consideren oportuno, forma parte do soldo como concelleiro encaixar as críticas que calquera veciño poida facernos.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



