Lugo, 5 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron este martes na apertura do Centro de Recría coa entrada de novillas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorporaranse as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde está situado o centro, 100 novillas e a partir de agora todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia de Lugo terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.
O Presidente destacou que “hoxe é un día moi importante para a provincia de Lugo. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros estea en funcionamento. Fixemos un esforzo inversor de 12 millóns de euros para a construción en solitario destas instalacións, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, unha vez máis, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra. Sen dúbida, iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois coa posta en marcha deste centro duplicaremos a capacidade de recría que existe en toda a Comunidade Autónoma, acadando exemplares cun alto valor produtivo e xenético”.
Centro pioneiro en España
Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo YUS. Na actualidade, España conta 4 centros de recría: 3 privados en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza). Existe outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.
Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros. Outros obrigas asumidas por Recría Castro S.L: un incremento do 12,5% no salario dos profesionais contratados, formación profesional aos mesmos en materia de benestar animal; ou colaboración directa coa USC. Ademais, Recría Castro sumou a AFRICOR LUGO neste proxecto, pois esta asociación, da que forman parte 1.500 gandeiros de toda a provincia de Lugo, promocionará os servizos e vantaxes produtivas e económicas que supón a recría no centro da Deputación.
Prioridade para os gandeiros lucenses e beneficios de 3 millóns de euros
“No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. E o facemos porque este proxecto, financiado pola Deputación con cartos que son de todos os lucenses, naceu coa intención de facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos, ao tempo que impulsamos a economía de toda a provincia, pois xerará uns beneficios de 3 millóns de euros anuais, unha vez que o centro funcione a pleno rendemento, e creará un mínimo de 10 postos de traballo, ademais de contribuír a manter ducias de empregos vinculados ao sector” subliñou Campos Conde. No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en info@recriacastro.es ou en www.deputaciónlugo.gal.
Prezo de 2,39 euros ao día
O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias… Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.
86.000 m2, 13 naves e capacidade para 3.000 novillas
O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).
O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



