Ribadeo, 7 de xuño de 2018. O salón de plenos do Concello acolleu este xoves a entrega dos diplomas do obradoiro de emprego DOC–TIC desenvolto polo Concello de Ribadeo e co financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOC-TIC foi costeado nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil para o período 2014-2020.
No acto estiveron presentes o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, xunto co alcalde do concello de Ribadeo, Fernando Súarez, a concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio, Ana María Martínez, e a xefa territorial de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández.
Na quenda de intervencións Ana Martínez quixo “felicitarvos a todas ás alumnas, aos alumnos e ás profesoras deste obradoiro DOC-TIC. Facemos coincidir este acto nesta Semana Internacional dos Arquivos que se vai celebrar o día 9, o próximo sábado. Felicitarvos polo voso traballo porque estivemos durante seis meses compartindo aquí os pasillos e moitas horas de falar do traballo e de cómo o iades desenvolvendo”.
A concelleira de Desenvolvemento Local cre que “foi un traballo e un aproveitamento formativo importante pola vosa parte, e ademais a actividade que se desenvolveu neste obradoiro creo que lle vai permitir ao Concello de Ribadeo, como xa foi no caso anterior, a difusión do seu legado histórico, que é moi importante, quizais un dos máis importantes da provincia. Tamén ao mesmo tempo protexelo porque estivestes traballando en ordenar eses documentos que estaban no arquivo, entre outras moitas medidas e accións que nos vai permitir desde o Concello de Ribadeo o voso traballo. Desde logo a vos tamén adquirir unhas competencias formativas, que o obxectivo é que vos poidan ir abrindo portas no futuro laboral. Polo tanto parabéns, felicitacións e moitas grazas”.
E o alcalde, Fernando Suárez, dixo que “grazas a este segundo obradoiro que tivemos a honra, o orgullo e o pracer de poder desenvolver en Ribadeo grazas a esta colaboración coa Xunta de Galicia. No obradoiro anterior dixen que fora a mellor experiencia que tivera en canto a obradoiros, dado que xa levamos varios anos por aquí e vimos de todo. Teño que dicir que este segundo obradoiro foille á zaga do primeiro, e foi marabilloso polo que eu vin, aínda que non estiven no día a día con vos, polo que preguntei e polo que me foron explicando. Teño que dicir que foi un obradoiro modélico, marabilloso desde o punto de vista tanto dos profesionais que impartiron as materias como dos alumno- traballadores no senso de traballar e de formarse. Agardamos que vos serva de aproveitamento”.
O concello de Ribadeo escolleu esta data para a entrega destes diplomas porque se quere unir así á celebración do día internacional dos arquivos, que se será o día 9 de xuño e así facer un chamamento á democratización da profesión arquivística e mellorar a percepción publica dos arquivos, e qué mellor celebración que a posta en valor de todo o traballo desenvolto neste obradoiro DOC–TIC e o recoñecemento do traballo feito polas 18 persoas que o conformaron, entre alumnado e profesorado.
No acto desenvolvido esta mañá no Concello presentáronse os resultados da actividade desenvolta ao logo dos 6 meses de formación práctica laboral dos 15 participantes nas dúas especialidades que se impartiron e que están incorporados á páxina web do Arquivo Municipal de Ribadeo; unha especialidade foi a de produción fotográfica e outra a de operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.
O traballo de ambas especialidades, evidenciase como moi importante para o arquivo ribadense, xa que a especialidade de produción fotográfica, integrada por 8 alumnxs, dixitalizou 86 libros de actas, o que supón a creación e tratamento de máis de 21.500 arquivos. O traballo desenvolto pola segunda especialidade traduciuse en números en 11.500 rexistros que corresponden a outros tantos expedientes e 1.400 caixas reinstaladas.
Tamén é de salientar a creación de dúas seccións na paxina web especializada arquivo.ribadeo.org, unha denominada documentos destacables, reservada para por en valor documentos significativas da historia da vila e dos seus habitantes, e a chamada arquivo municipal e obradoiros de emprego na que se da a coñecer dun xeito moi visual os resultados da formación teórica e práctica que caracteriza aos obradoiros.
A participación de todos os implicados, Consellería de Economía, Emprego e Industria, Concello de Ribadeo e persoal do obradoiro, permitiu cumprir coas funcións primordiais dun arquivo público e as dun obradoiro de emprego, por un lado recoller, custodiar e difundir a información significativa para o enriquecemento da memoria colectiva e por outro, a obtención de competencias profesionais que faciliten a inserción laboral.






















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.