Barreiros, 14 de xuño de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe un encontro cos alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira IV, promovido polos concellos de Barreiros, Lourenzá e Trabada, e subliñou como un dos principais valores destes programas de formación e emprego “a súa adecuación ás necesidades das empresas e do territorio no que se desenvolven”.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 280.000 euros neste proxecto no que actualmente traballan 20 persoas: Tres monitores, un administrador, un director e 15 alumnos que reciben formación teórica e práctica nas especialidades de carpintaría ou conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.
Balseiro visitou unha das obras realizadas polo obradoiro, a reforma das ventás, portas e mobiliario da antiga escola de Villamartín Grande, en Barreiros, que correu a cargo dos alumnos da especialidade de carpintería. Estivo acompado polos alcaldes dos tres municipios, Alfonso Fuente (Barreiros), Rocío López (Lourenzá) e Mayra García (Trabada).
O delegado afirmou que estes proxectos “impulsan a empregabilidade dos participantes, dado que se orientan cara a perfís profesionais con demanda no mercado de traballo, e ao mesmo tempo realizan obras e servizos de interese xeral en beneficio da comunidade”.
Así, en Lourenzá executáronse tamén traballos como o acondicionamento das carpinterías exteriores de edificios municipais, a instalación dunha pérgola e o acondicionamento e axardinamento de varios espazos verdes. Igualmente, en Trabada as obras centráronse nas áreas recreativas e espazos naturais, como as concas dos regos Vidal, Vilaforman-Vilapena, Valboa, Fornea e San Martiño.
O obradoiro comezou o pasado mes de setembro e rematará a finais de xuño. A Xunta xa ten aberta unha nova convocatoria para poñer en marcha máis iniciativas que ofrezan unha oportunidade de reciclaxe a traballadores desempregados.
Nova convocatoria
O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o vindeiro 25 de xuño. A Consellería convoca obradoiros duais de emprego e os específicos para menores de 30 anos, dous programas que se porán en marcha no mes de setembro e cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia.
Poden optar a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais (con prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
Os obradoiros duais combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. Darase prioridade aos obradoiros forestais e aos vinculados ao Camiño de Santiago.
Pola súa banda, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade tamén ampliarán a duración de seis a nove meses.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



