As sucursais galegas dos partidos do estado, fai tempo que veñen probando en Galicia experimentos de accións políticas que despois, se son produtivos, poñen en valor nas eleccións estatais. Usan Galicia como banco de probas, case como se fósemos un túnel do vento. Un banco de probas non é máis que unha plataforma de experimentación de proxectos de grande desenvolvemento, así é como ven e usan a Galicia.
A aplicación dun crecemento controlado doutra opción que aplica o PP, foi estudada en Galicia nas eleccións de 2012, con éxito. E logo foi aplicada nas seguintes eleccións en España. A equipa de Nuñez Feijoo, fronte a moda inicial das confluencias, decidiu dar oxíxeno a AGE. Chega con ver o espazo ocupado por este último nos medios afíns ó PP. Controlando o seu crecemento evitou a perda da maioría, alimentando o antagonista mobiliza o seu voto e consegue que outra opción medre o xusto. O éxito da proba foi trasladado a Madrid, en 2015, co famoso sorpasso de Podemos. E posteriormente de novo en Galicia alimentando a un BNG xa na UCI nas autonómicas de 2016, para frear a En Marea.
AGE foi tamén en si mesmo un ensaio do que sería Podemos, cómpre lembrar para quen traballaba como asesor o dono do chálete proletario de Aravaca, o Sr. Iglesias era un asalariado de AGE no 2012.
Ata o PSOE fogueou na política galega a moitos dos seus referentes incluído o Presidente Sánchez. Que coincidencia, ou non, era membro da equipa do Señor Blanco, ese Ministro tan bo para Galicia, con temas como o Alvia e o Fiouco, malas referencias en este País, que traballou de asesor para Touriño.
A arquitectura política de En Marea pode considerarse en si mesma un experimento, impulsado por Podemos e IU, coa colaboración necesaria de parte de parvos útiles do nacionalismo, sendo conscientes de que en Galicia o voto en clave de identidade está moi presente. O problema é que o cemento era malo, moi malo, e neste caso foi un experimento fallado en toda regra, cun custo moi elevado para a política e a dignidade de Galicia, unha anomalía.
Galicia é xa que logo, o banco de probas da política estatal? O lugar onde entrenar e foguear líderes? O voto galego marca tendencia? Cada quen que reflexione, mais eu estou seguro de que é preciso dignificar a política en Galicia e defender a nosa identidade e forza. Galicia ten que contar e ocupar o lugar que merece no Estado, Galicia ten que ser Nación en Europa, ou so será un banco de probas.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.