Lugo, 15 de xuño de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto; a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez Fernández; e a Vicepresidenta da Asociación Eu son Eo, Hortensia Araujo; presentaron no Pazo de San Marcos a 3ª edición do Festival Interrexional Eu son Eo que terá lugar os días 29 e 30 de xuño na parroquia de Abres, no Concello de Vegadeo, con entrada totalmente de balde para os asistentes. O festival está organizado polos Concellos de Trabada e Vegadeo, que destinan conxuntamente 20.000 euros a esta cita, e conta co patrocinio principal do Goberno da Deputación cunha achega de 12.000 euros.
García Porto remarcou que “dende o Executivo traballamos para fomentar a cultura e idiosincrasia da nosa provincia e este festival é unha clara mostra, pois conxugará o mellor da nosa música, o noso medio rural, a artesanía e o deseño, a gastronomía e os produtos autóctonos, e como non, a envexable natureza da que dispoñemos, todo isto dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente. Estas características converten o Eu son Eo nun festival que, a pesares de estar arrincando, conta cun enorme potencial de crecemento”.
Pola súa parte, García Bermúdez subliñou que se trata “dunha importante cita para o Concello de Trabada, pero tamén para o conxunto da provincia, e especialmente para a Comarca da Mariña, pois preto dun milleiro de visitantes se achegarán a disfrutar dos nosos recursos naturais, culturais, gastronómicos e patrimoniais, aspectos que nos converten nunha zona única e diferente, un espazo excepcional para desenvolver actividades de todo tipo. Estou segura de que quenes se acheguen por primeira vez a coñecernos quedarán con ganas de volver en futuras edicións do festival”.
Eu son Eo
O festival naceu como unha iniciativa de i+D para a rexión que comprende a Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, fomentando a relación e a cooperación entre estes territorios tanto no apartado cultural como no apartado económico.
Este ano o festival contará con máis dunha ducia de actividades culturais. As principais son as musicais, entre as que destaca o concerto da banda tributo We Love Queen, pero haberá tamén mostras de artesanía e unha feira que reunirá a preto de 15 artesáns da zona. Nesta edición, recuperase ademais a carreira popular Eu son Eo. Tamén inclúe actividades acuáticas, unha andaina, monólogos, foros, exposicións, e máis sorpresas para todos os públicos e adaptadas a todas as idades.
Programa
Venres 29
21:00 horas— Inicio do festival coa actución Dj´Eomúsica 80.
23:00 horas— Cañoneros. Banda tributo a la movida 80-90.
01:30 horas— DJ´Eomúsica 80
3:00 horas— Fin da xornada.
Sábado 30
11:00 a 19:00 horas— Actividades no río, piraguas e kayak. Gratis.
9.00 horas— Saída ruta, “Valles do Eo”.
11:00 horas— Apertura da mostra “La chalana” e “Artes de pesca”.
11:00 horas— Visualización de “Memorias del Eo”.
11:00 horas— Actividades acuáticas y paseos en bicicleta.
11:00 a 13:00 horas— Demostración de actividades de ferrería.
13:00 horas— Sesión musical DJ´s-Eomúsica 80.
15:00 horas— Comida
16:00 a 18:00 horas— Demostración actividades de ferrería.
17:00 horas— Foro “Eu rural”.
18:00 horas— Carreira popular EU SON EO.
19:30 horas— Entrega de premios carreira EU SON EO
20:00 horas— “El Chusco” monologuista.
21:00 horas— DJ´s-Eomúsica 80.
00:00 horas— We Love Queen (Tributo Show a Queen).
02:00 horas— Dj´s-Eomúsica 80.
03:00 horas— Fin do festival.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



