Ribadeo, 15 de xuño de 2018.- O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez González, o comandante das Unidades da Forza da Acción Marítima en Ferrol, Fernando Suárez Fonseca, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitaron esta mañá a escavación subacuática do galeón San Giacomo de Galicia, un pecio situado fronte ao peirao de Mirasol en Ribadeo.
Trátase dunha intervención subacuática organizada e financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cun orzamento de 20.000 euros. Os traballos contan, en palabras do conselleiro, “co inestimable apoio” da Unidade de Mergullo das Forzas de Acción Marítima do Cantábrico, con base no porto de Ferrol, e están dirixidos polo arqueólogo especialista, Miguel San Claudio Santa Cruz.
A campaña pretende obter información sobre a parte soterrada baixo o sedimento que se conserva deste pecio. Para iso executaranse dúas sondaxes en puntos diferentes do xacemento que permitan coñecer tanto a entidade dos restos conservados baixo o sedimento como a presenza de cultura material englobada no mesmo. Ademais, xeorreferenciarase e caracterizarase un pecio próximo sito ao noroeste do galeón, recollido na actualidade como unha posible pía de lastre.
Arranque da escavación
Román Rodríguez explicou que “hoxe comeza propiamente a escavación” do galeón San Giacomo de Galicia, na que se procederá ao estudo integral deste pecio. Desde este luns véñense realizando importantes traballos preparatorios de cariz diagnóstico e planimétrico, pero desde esta xornada e até o vindeiro domingo 24 desenvolverase a parte substantiva da escavación. O titular de Cultura lembrou que este tipo de intervencións impulsadas pola Xunta “pretenden favorecer o estudo e coñecemento do noso patrimonio cultural e contribuír á súa recuperación e aprecio pola cidadanía.”
O conselleiro lembrou que Galicia é, a nivel mundial, un dos espazos privilexiados para o estudo dos buques oceánicos da Idade Moderna. De feito, baixo as súas augas atópase a maior concentración de navíos deste tipo accesibles e localizados, entre os que e atopa o propio San Giacomo. Neste sentido, o conselleiro afirmou que, unha vez concluída esta intervención e realizado o traballo de gabinete e investigación, “confiamos que o galeón San Giacomo de Galicia sexa unha xanela aberta a un mundo desaparecido, que nos permita atesourar un coñecemento histórico e patrimonial máis preciso.”
Un equipo científico de primeiro nivel
Tras indicar que nos atopámonos diante da primeira ocasión na que se aborda o estudo deste magnífico xacemento desde un punto de vista da investigación científica e patrimonial, o titular de Cultura lembrou que se conta para a investigación cun equipo científico “do máximo nivel internacional” entre os que figuran profesionais como a Dra. Ana Crespo (CSIC), o Dr. Nigel T. Nayling, da University of Wales Trinity Saint David, o Dr. Filipe Castro, do J. Richard Steffy Ship Reconstruction Laboratory ou a Dr. Arnaud Cazenave da Roche. Do Centre d’ Etudes en Archéologie Nautique.
Antecedentes e descrición técnica
Até o momento as diferentes intervencións levadas a cabo neste xacemento consistiron na toma de datos para a conservación e o estudo dendrocronolóxico para a datación dos restos. Aínda que ambas tarefas resultaron relevantes para o coñecemento do xacemento, neste momento procederase ao estudo do pecio dun xeito integral, que permitirá afondar no coñecemento do estado de conservación e o alcance da estrutura conservada; así como realizar traballos complementarios para completar os traballos de rexistro e documentación dos restos visibles do pecio.
Durante os vindeiros dez días realizarase a escavación, as primeiras pescudas de gabinete, o tratamento de fotografía e a análise da necesidade de empregar mallas tridimensionais para protexer elementos singulares. Finalmente, realizarase a cubrición das sondaxes e a volta do xacemento ao seu estadio orixinal.





















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



