Lugo, 22 de xuño de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres que o Goberno está a pór a nome da Deputación os centros de maiores de Trabada, Pol e Castroverde, é dicir, a incluír no inventariado de bens do organismo provincial estes bens, como titular dos mesmos; ao tempo que ordenou extinguir a encomenda de xestión de SUPLUSA sobre o centro de maiores da Fonsagrada (pois era outra encomenda máis ou diferente a das restantes residencias) para inventariala tamén e poder solicitar o seu correspondente Permiso de Inicio de Actividade –PIA-, pois a Sociedade Urbanística Provincial non o tiña feito a diferenza dos outros centros.
As de Trabada, Pol, Castroverde e A Fonsagrada son as residencias que están totalmente rematadas. Estanse a concluír as de Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, que serán as seguintes en inventariar na Deputación. A de Ribadeo xa figura a nome do Concello, pois foi construída dende o municipio con fondos do organismo provincial.
Campos Conde explicou que estes asuntos foron tratados hoxe na Xunta de Goberno, órgano ao que se deu conta da sentencia da Audiencia Provincial de Lugo e do informe público da Universidade da Coruña, que avalan ao Executivo Provincial.
A sentencia anula os Estatutos de SUPLUSA que propuxo o PP, así como o Consello de Administración resultante desta modificación estatutaria e os acordos adoptados polos mesmo, sendo todos no que atinxe á rede pública de residencias e centros de día construídos con fondos públicos da Deputación nos Concellos.
O informe público da UDC mantén que SUPLUSA perdeu a súa condición de medio propio por todas as decisións adoptadas por dito Consello ao marxe da Deputación, e que esta perda foi ratificada polo órgano competente para facelo: a Xunta de Goberno.
Reunión Alcaldes
O Presidente informou que esta mesma semana mantivo outra reunión cos Alcaldes de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Ribadeo, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, na que tamén participaron os técnicos, para: 1).- asinar os convenios de colaboración aprobados que garanten que as 190 prazas de residencia e 90 de centro de día que ofrecen os 6 centros de maiores que financiou a Deputación nestes municipios sexan para veciños da provincia (primeiro para os do Concello, logo para os da Comarca ou Bisbarra e seguidamente para lucenses en xeral) e que o acceso ás mesmas sexa universal, é dicir, con independencia da capacidade económica dos usuarios, ofrecendo axudas económicas dende a Deputación. 2.-) Ultimar o regulamento de acceso e a ordenanza fiscal que regula os prezos das prazas; documentos que están practicamente listos. O obxectivo de Deputación e Concellos é abrir as primeiras residencias entre finais deste ano e principios de 2019.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



