Foz 27-8-16. A asociación cultural A Pomba do Arco ten como obxectivo central da súa actuación a defensa da lingua e da cultura galega. Nese sentido consideramos fundamental a existencia de medios de comunicación escritos no noso idioma, tendo participado a nosa entidade no apoio as iniciativas que se teñen promovido nesa dirección.
Actualmente un grupo de persoas e colectivos, entre eles A Pomba do Arco, estamos traballando na edición dun xornal diario en papel para rematar coa anomalía de que o galego sexa o único idioma do estado que non conta cun diario escrito e para contribuír a normalización da nosa lingua.
A tal fin convocámosvos a un acto público que se celebrará o xoves 28 de xuño ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz, onde informaremos sobre esta iniciativa e os pasos a dar para convertela en realidade. No acto tomarán a palabra Xabier Grandio, directivo d´A Pomba do Arco, Mónica Pazos, presidenta da Mesa pola normalización lingüística, e Xoán Costa, membro da comisión promotora do diario galego






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



