Lugo, 29 de xuño de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este venres que o Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a compra dos terreos para a construción do 1º centro de día e residencia públicos da Deputación neste municipio mariñán, por valor de 120.00 euros que foron achegados polo Concello. A estes fondos correspondentes á parcela, engádense os 200.000 euros que ten que investir o municipio, e os 1,2 millóns que destina o Goberno da Deputación, sumando no seu conxunto máis de 1,5 millóns.
Campos Conde explicou que de seguido, os técnicos da Deputación comezarán coa redacción do proxecto. Unha vez rematado, o Concello deberá outorgar a licenza de obra para poder iniciar os traballos que, previsiblemente, arrancarán este mesmo ano. O titular provincial avanzou que esta dotación social ofrecerá unhas 50 prazas, 30 delas serán para residentes, e 20 para centros de día, respectando o modelo maioritario de prazas da rede provincial de residencias e centros de día da Deputación.
Trátase dunha finca duns 2.200 metros cadrados que se atopa a uns 500 metros do núcleo urbano da Pontenova, buscando que os maiores que desfruten desta dotación social teñan os servizos o máis preto posible, como o Centro de Saúde, a Farmacia da Pontenova ou outros lugares de interese, co fin de que os usuarios non perdan a súa proximidade ao núcleo da vila, facilitando así a súa actividade diaria.
Campos Conde destacou que “esta infraestrutura social que construiremos en solitario Deputación e Concello busca ofrecer aos veciños máis maiores da zona un servizo profesional que lles permita desenvolverse con normalidade no seu día a día, e preto das súas casas. É por iso polo que dende o Goberno Provincial, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, estamos a construír unha rede de residencias e centros de día públicos, coas que facer fronte á escaseza de prazas públicas para maiores na provincia”.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.