Lugo, 29 de xuño de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este venres na Praza de San Marcos a programación do Buxiganga da Deputación que comeza este sábado 30 de xuño e remata o 25 de novembro. Este ano xa celebra a 10ª Edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. “Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer a actuación de colectivos teatrais lucenses”, sinalou a Deputada.
García Porto explicou que “co Buxiganga 2018 participarán 400 actores de teatro afeccionado en 50 Concellos da Provincia, nun total de 109 actuacións. Con esta iniciativa que promove o teatro afeccionado na provincia de Lugo, dende a Deputación cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da provincia, especialmente os do rural”.
O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que solicitan a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro son as que representan as obras nos Concellos e entidades que o solicitan.
109 actuacións en 50 Concellos da Provincia
O Buxiganga chegará este ano a 50 localidades da provincia con 109 actuacións, son as seguintes: Alfoz (3 actuacións), Baralla (1 actuación), Barreiros (2 actuacións), Becerreá (2 actuacións), Begonte (2 actuacións), Bóveda (3 actuacións), Burela (2 actuacións), Carballedo (2 actuacións), Castroverde (2 actuacións), Cervo (6 actuacións), O Corgo (2 actuacións), Chantada (2 actuacións), Folgoso do Courel (2 actuacións), Foz (5 actuacións), Friol (2 actuacións), Guitiriz (2 actuacións), Guntín (1 actuación), O Incio (2 actuacións), Láncara (2 actuacións), Lourenzá (2 actuacións), Lugo (1 actuación), Meira (4 actuacións), Monforte (2 actuacións), Muras (2 actuacións), As Nogais (2 actuacións), Outeiro de Rei (1 actuación), Palas de Rei (1 actuación), Pantón (2 actuacións), A Pastoriza (2 actuacións), A Pobra do Brollón (1 actuación), Pol (3 actuacións), A Pontenova (1 actuación), Portomarín (2 actuacións), Quiroga (2 actuacións), Rábade (2 actuacións), Ribas de Sil (2 actuacións), Ribeira de Piquín (1 actuación), Riotorto (2 actuacións), Samos (1 actuación), Sarria (4 actuacións), Sober (1 actuacións), Taboada (4 actuacións), Trabada (2 actuacións), Triacastela (1 actuación), O Valadouro (4 actuacións), O Vicedo (4 actuacións), Vilalba (2 actuacións), Viveiro (3 actuacións), Xermade (1 actuación) e Xove (2 actuacións).
Participarán 40 grupos de teatro da provincia con 400 actores afeccionados
– ALFOZ; Grupo Humorístico Trípode “A panxoliña máis fermosa”
– ANTAS DE ULLA; Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal “A farsa do Bululú”
– BARALLA; A Rabela Teatro “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”
– BARREIROS; Colectivo Cultural Ollomao “Enciclopedia Álvarez”
– BURELA; O Torques “Donde as dan as toman”
– CASTRO DE REI; Os Baluros “Menciñeiro á forza”, e Os Trocos “Farsa plautina”
– CERVO; A Mariña “Eres único: teatro contra o bullying”; Ardora “Amor filial”; O Bordelo “Depende”
– CHANTADA; Argalleiras Teatro “Comedia bífida”; Centro Teatral Faro-Miño “Langreira de amor”; Sacarina “Madialeva”
– FOZ; A Adala “ Elixir de xuventude”; A Adala Infantil “Mamasiña que medo!”; Axóuxeres “Non casei con todos”; O Batán “Bicos de vinagre”; O Centiño “Zume de amorodios”; Pico do Castro “Matías está tolo”
– GUITIRIZ; Torta de Millo “Innoveitin… ou algo”
– LUGO; Achádego Teatro “Balas sobre Broadway”; Curuxan “Improdecente”; Grupo de; Teatro Down “Soño dunha noite de verán”; Hipócrita Teatro “Hotel Desencanto”; Nostrum Cai “ROMANI ITE DOMUM”; Nova Escena Teatro “As fillas de Eva”; Os Palimoquiños “Borralliña”; Os Pinchacarneiros “A ola de ouro”; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde “O parto de Calandrino”, Ti e máis Eu Teatro “A troita do rio…”
– MONFORTE; Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino “Os intereses creados”; Teatreir@s ”Cumprimento de contrato”
– MONTERROSO; A Peneda “A cea dos idiotas”; Escola de Teatro Falcatrueiros “As monxas e a María”
– PALAS DE REI; Alentía Teatro “Manancial de fantasía”; Metátese Teatro “O Euromillón”
– POL; Unidade do Zono “Tren a Nápoles”
– PONTENOVA; Lume Escénico “Hotel Rosamar”
– RIBAS DE SIL; Grupo de Teatro Augas do Sil “Un día nas portas do ceo”
– SARRIA; Rebuldeira Teatro “Delicadas”
Balance 2017
A Deputada de Cultura lembrou que no Buxiganga 2017 inscribíronse 35 grupos de teatro e 64 entidades solicitantes: 30 asociacións e 34 Concellos. Isto produciu que se realizaran 105 actuacións en 44 localidades da provincia, nas que participaron preto de 380 actores e actrices.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.