Ribadeo, 3 de agosto de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que hoxe deron comezo as obras en varias estradas titularidade da Deputación de Lugo. O rexedor dixo que suporán un investimento de 350.000 euros e a actuación en 12 quilómetros de viarios entre A Ponte e Arante, Cedofeita e Couxela e Porto e Santalla de Vilausende.
Fernando Suárez contou que “hoxe realmente é un moi bo día de obras para Ribadeo porque xunto con estas que se están iniciando na estrada Reme-Vilamar, cuxa titular é a Xunta de Galicia, tamén hoxe están comezando unhas obras moi ambiciosas, moi complexas e grandes que son as da Deputación Provincial de Lugo”.
O alcalde explicou que “se trata do arranxo destes viarios da Deputación, singularmente os que unen parroquias do interior do noso concello, concretamente a que vai desde A Ponte ata Arante, a que vai desde Cedofeita ata Couxela á estrada xeral 640, e a que vai desde a estación de Porto ata Santalla de Vilausende”.
Suárez Barcia detallou que “son practicamente doce quilómetros en total que van ser arranxados en profundidade, con aglomerado asfáltico, e que veñen paliar esta deficiencia desde hai anos que levábamos pedindo”.
O rexedor ribadense subliñou que “finalmente a Deputación, atendendo ás nosas peticións, se compromete con Ribadeo, algo que lle queremos agradecer publicamente. A esta obra vanse destinar máis de 350.000 euros de diñeiro público, e que ben o merecen todos estes veciños e veciñas destas parroquias do interior que usan habitualmente estas vías de comunicación, que non estaban en absoluto en bo estado de conservación, e agora, despois deste verán, esas obras, xunto coa de Reme-Vilamar, vanlle dar un cambio importante na comunicación a esta parte interior do concello de Ribadeo”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



