Non é seguro. Mesmo nin é o escenario máis probábel arestora para Pedro Sánchez. Mais o interese da presidenta andaluza por evitar a sentenza do xuizo dos ERE (auténtico caso “PSOE Andalucía”), a falla de perspectivas de continuación do apoio parlamentario por parte dos aliados que o votaron na moción de censura e máis a revitalización dunha fronte ultraconservadora PP-C’s, que sementará malestar mediático os días e as noites todos, pode motivar ao presidente do Goberno do Estado para disolver, convocando eleccións contra fins de outubro-mediados de novembro.
Vimos de coñecer a enquisa do CIS de xullo que lle prognostica a En Marea a perda da metade dos votos acadados nas eleccións de decembro de 2015. Dados moi malos, malia que a cociña de Tezanos fose nomeadamente agresiva cos mareantes. De calquera xeito non é precisa unha bola de cristal para albiscar nebuloso o futuro mareante nunhas vindeiras estatais. Á lea xerada por Podemos, EU e algúns outros co “affaire” Paula Quinteiro compre engadirlle o propio cuestionamento das esquerdas españolas actuantes (máis ben paralisantes) do espazo de confluencia galega a respecto da fórmula aprobada no 2016 dun partido de adscrición individual e soberanía galega. E , no ámbito estatal, o grande fracaso da coalición “En Marea” para que se lle percebise como forza de noso. Mentres Compromís existe en Madrid En Marea non existe, malia os laudábeis esforzos de Fernàn Vello e de Alexandra Fernández.
O BNG sería beneficiario de bastantes dos votos que en último de contas poida perder En Marea, mais isto non lle dará representación de seu dende unha lóxica de competición. Porque os números só fan posíbel un xenuino Grupo galego (mínimo 5 deputados e un 15% de votos en cadansúa circunscrición) ou, cando menos, unha potente presenza no Grupo Mixto que faga recognoscíbeis os intereses do noso País dende a suma alxebraica, dende a multiplicación, dende a cooperación. Nunca dende a competición.
A propia crise/queda de Podemos e máis a experiencia nestes tres anos dende que se tentou artellar a non nata grande Maré galega (morta de morte matada dende as executivas de Podemos, EU, Anova e BNG) obriga ser intelixentes e xenerosos. A cidadanía precisa do BNG, de En Marea, de Compromiso por Galicia e de milleiros que hoxe non partillan ningunha destas opcións. Precisa do entendemento dunha grande coalición nacional, nunha candidatura galega, no entendemento entre soberanistas e autonomistas que os corsos acadaron e con él a maioría absoluta. Malia terse atacado gravemente, mesmo con armas de fogo, no pasado.
E quen xogue en clave estatal que xogue o seu xogo, como Antón Peruleiro. Porque non hai tempo xa para parvadas.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



