25 de setembro de 2018. O Executivo da Deputación desvelou este martes que o 80% das axudas autonómicas recoñecidas pola Xunta na provincia de Lugo foron para 26 Concellos gobernados polo Partido Popular. Esta porcentaxe correspóndese con 4 millóns de euros. Desta cantidade, 1,4 millóns concedéronse na última convocatoria de subvencións e 2,6 millóns a través dos convenios feitos públicos.
“Ante este reparto caciquil e clientelar de fondos públicos que fai o PP”, o Goberno Provincial presentou unha moción ao Pleno deste martes esixindo á Xunta de Galicia criterios obxectivos na distribución orzamentaria e transparencia. Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito votaron en contra da iniciativa do Grupo Provincial Socialista, facendo que non se aprobase.
5 dos 6 Concellos lucenses que reciben subvención están gobernados polo PP
O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, detallou que o pasado 12 de setembro se publicou na páxina web da Xunta de Galicia a listaxe de municipios beneficiados das axudas para mellorar infraestruturas e equipamentos. Dos 6 Concellos lucenses que reciben subvención, 5 están gobernados polo PP e dáselle preto de 1,4 millóns, que representan o 83% dos fondos totais para a provincia. Trátanse de Mondoñedo que recibe 110.289 euros; Begonte con 475.554 euros; Portomarín con 198.706 euros; O Vicedo con 92.950 euros e Cervo con 499.550 euros. O único municipio da provincia no que non goberna o Partido Popular, dos 34 que hai en Lugo e nos que se concentra o 68% da poboación con máis de 220.000 habitantes, que recibe fondos é Trabada, que acada 272.000 euros. PODES CONSULTAR AS AXUDAS CONCEDIDAS NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://bit.ly/2Q3Tfvr
Un proceso “a medida do PP”
Santos Ramos destacou que “xa nos temíamos este reparto caciquil e clientelar. O PP fixo un proceso a súa medida, pois publicou as bases no DOG un venres e abriu o prazo de solicitude practicamente ao día seguinte: o sábado ás 12 da noite ou o domingo ás 00:00 horas. Os Concellos, se viron a publicación no Diario Oficial de Galicia o propio venres, tiveron pouco máis de 24 horas para elaborar as súas propostas e ata os proxectos; traballo practicamente imposible senón está xa feito. É máis, para presentar todo isto, como exclusivamente se impuxo facelo por sede electrónica, os Concellos tiñan que ter persoal público traballando nos Consistorios na madrugada do domingo. Os feitos son evidentes. O Partido Popular de Feijóo fixo outra convocatoria de subvencións a súa medida para repartir entre uns poucos Concellos nos que goberna, 5 na provincia de Lugo, fondos públicos de todos os cidadáns na Xunta de Galicia”. As axudas esgotáronse aos 12 minutos de abrir o prazo. Concellos como Láncara que fixeron as súas solicitudes ás 00:15 minutos quedaron fóra.
O 75% dos fondos de convenios para 25 Concellos gobernados polo PP
A Xunta publicou no Rexistro de Convenios os fondos a Concellos da provincia de Lugo mediante esta modalidade durante todo o 2017. Concedéronse 3,5 millóns dos que o 75%, que representan máis de 2,6 millóns, foron para 25 municipios gobernados polo PP fronte aos 930.000 euros que recibiron Concellos de distinta cor política.
O “comodín” do Fondo de Cooperación Local
“O Partido Popular emprega de comodín o Fondo de Cooperación Local para tentar camuflar o reparto caciquil e clientelar que fai dos fondos públicos da Xunta. Este fondo é a participación municipal nos ingresos do Estado. Son fondos que lle corresponden aos Concellos por lei e que teñen todas as Comunidades Autónomas. A Xunta só actúa como mera intermediaria”, aclarou Santos.
76 millóns do Orzamento da Deputación de 2017 para os 67 Concellos
A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, informou no Pleno sobre a conta xeral do orzamento da Deputación para 2017. Este documento reflexa que o Goberno Provincial achegou aos 67 Concellos da provincia 76 millóns de euros do presuposto do ano pasado. Son 10 millóns máis que no 2016. García Bermúdez aclarou que estes 76 millóns son os dos capítulos de transferencias de capital onde non se inclúen os gastos de persoal ou correntes da institución. Son investimentos.



















Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.



