Burerla 5-10-18. A Biblioteca Pública Municipal de Burela, eo programa Ler Conta Moito presentan a Magin Blanco co espectáculo musical “CAMIÑOS”, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura o vindeiro sábado, 6 de outubro, ás 18:00 horas. A entrada será libre e para público familiar.
“CAMIÑOS” é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó público infantil e xuvenil. Nesta fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espetáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.Camiños convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas .A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin , os novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos e nenas.
Nace este espectáculo , co fin de levar as súas músicas e aventuras por todo o país, na procura de nenos e nenas aos que cantarlle e contarlles as súas historias. Un espectáculo musical de 50 minutos de duración onde Magin se achega ao público familiar co que é o seu repertorio máis bailable e balsámico, máis curador. Ritmos da modernidade para nenos e nenas intrépidos, cantadas doces para amigos invisibles, todo cabe nestes CAMIÑOS, polos que andar e medrar na busca do que queiramos conseguir.
Duración:50 minutos.
Público: Familiar.
Espectáculo Musical.
Música e voz: Magín Blanco.
Programa: LER CONTA MOITO.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



