Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018. A Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital (PSPD), integrada pola AI, ADECES e UCGAL ,denunciou a VODAFONE-ONO ante a Axencia de Protección de Datos ( AGPD) por práctica de SPAM a través de SMS; e solicita da AGPD que obrigue á operadora ao cesamento destas comunicacións electrónicas e impóñalle a correspondente sanción por falta grave.
A Plataforma considera que ao pouco tempo de poñerse en marcha o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos non deben as autoridades de control flexibilizar as esixencias deste ou outras normas conexas como a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI).
Na súa denuncia a PSPD fai fincapé en que o envío masivo e reiterado de comunicacións electrónicas vía SMS por parte de Vodafone-ONO vulnera o artigo 21.1 da LSSI o cal esixe para o envío de “comunicacións promocionais ou publicitarias por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente [como un SMS] deben ser solicitadas ou expresamente autorizadas polos destinatarios das mesmas”.
En consecuencia, segundo o apartado 1, nin o silencio nin o rexeitamento das comunicacións a través da ligazón NON+ Publi (ou outros similares) lexitiman o envío destas comunicacións a falta de petición ou autorización expresa. Cousa distinta é que a ausencia dunha ligazón semellante poida supoñer á súa vez unha infracción grave.
Por outra banda, a LSSI exceptúa da prohibición os casos nos que exista unha relación contractual previa, sempre que o prestador obtivese de forma lícita os datos de contacto do destinatario e empregáseos para o envío de comunicacións comerciais referentes a produtos ou servizos da súa propia empresa que sexan similares aos que inicialmente foron obxecto de contratación co cliente”. ( Art.21.2, LSSI).
En definitiva, tampouco se permiten os envíos electrónicos se non existe relación contractual previa e, aínda así, só referidas a produtos similares aos contratados.
A última das comunicacións electrónicas efectuadas por VODAFONE-ONO é de mediados de outubro e veñen realizándose, polo menos, desde mediados de agosto.
Desde a PSPD considérase que estes envíos constitúen unha infracción grave a teor do disposto no artigo 38.3. c) da LSSI que cualifica como tal “O envío masivo de comunicacións comerciais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente, ou o seu envío insistente ou sistemático (reiteración que tamén se produciu) a un mesmo destinatario do servizo cando nos devanditos envíos non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 21”.
Finalmente, a PSPD espera que a Axencia non incorra nunha interpretación lasa e pouco esixente en relación coas comunicacións comerciais electrónicas, como no seu día fixo admitindo que algúns operadores esixisen o DNI aos cidadáns que chamaban para unha simple petición de información telefónica, é dicir, antes da fase de contratación e de calquera necesidade de consulta de ficheiros de morosidade.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



