Lourenzá, 21 de novembro de 2018. O Concello de Lourenzá súmase á campaña En negro contra a violencia de xénero con varios actos, que se desenvolverán mañá, xoves, e este domingo, día 25.
Desde a Concellería de Servizos Sociais fan “un chamamento a toda a cidadanía a solidarizarse cunha causa tan importante coma esta. A través da asociación de comerciantes local repartiranse por todos os establecementos unhas frases cun lema en contra da violencia de xénero, para que todos os locais se tingan de negro en loita por esta lacra.
Desde este luns no balcón da Casa do Concello pendura unha pancarta co lema Lourenzá en Negro contra Violencia de Xénero e os Cocos e as árbores da praza do Conde Santo visten tamén de negro”.
Ademais engaden que “mañá xoves, 22 de novembro, ás 12:30 horas no CEIP Juan Rey haberá unha charla informativa sobre as consecuencias da violencia de xénero nas mulleres. Xa para rematar, o domingo 25 de novembro a praza do Concello será o escenario da gravación dun spot contra a violencia de xénero, na que participarán veciñ@s de todo o municipio. Miguel Ramil Seivane, veciño de Lourenzá, será o encargado de achegar o toque musical á escenificación. Tamén terá lugar a lectura dun manifesto”.
Desde o Concello de Lourenzá destacan: “queremos reiterar o noso compromiso firme para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres. Temos que darnos conta de que é un feito que nos compromete a todas e a todos: axentes sociais, institucións, cidadanía, entidades locais… E que, por tanto, é un traballo de todos responder e axudar a paliar as consecuencias da violencia de xénero ata conseguir eliminala por completo”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



