- A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explica que “esta unidade móbil estará situada na avenida de Luarca, xunto ao pavillón polideportivo. O día 13 o horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. E o día 14 será só en horario de mañá”. Dos Santos engade que “as persoas interesadas poden solicitar cita previa no teléfono 902.30.90.00 ou tamén a través da páxina web www.sycitv.com”.
- O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, dende o 2006. Traballou ate novembro de 2012 como inspectora veterinaria de Saúde Pública nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. Foi e subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar dende abril do 2023 ate a actualidade. O titular de Mar agradeceu o traballo desempeñado por Susana Rodríguez en todos estes anos ao servizo de Galicia e o seu sector pesqueiro e felicitou a Marta Villaverde polo novo nomeamento e o seu compromiso cos profesionais do mar ao asumir esta nova responsabilidade.
- Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
O Club de Remo Celeiro desprazouse ata A Pobra do Caramiñal para participar na 1° proba desta Liga Galega de Traiñas Veterans, acadando un 2° posto en categoria Mixta nunha regata de 3500m divididos en 4 longos. Este é o 2° ano que o Club mariñán consegue a participacion nesta Liga.
- A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este domingo co Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, na celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada. Unha cita, á que a institución provincial achega 10.000€ para a súa organización, e que reuniu a centos de persoas para degustar de xeito gratuíto este prato típico trabadense.
- Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
A asociación ribadense felicitou ás mamás neste día tan especial: "sabemos que muchas familias celebrarán esta fecha en la hostelería local. Según los datos recabados podemos confirmar que varios establecimientos están completos desde hace días, hecho que nos alegra".
- Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os seus síntomas e efectos e a ansiedade na nosa vida cotiá. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etc. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración. A inscrición permanecerá aberta ata o 22 de maio. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello ou no teléfono 982 55 80 01.
- O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
A Alcaldesa, Efigenia Maseda, emitiu un bando para poñelo en coñecemento da veciñanza. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina. Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos” apuntou Efigenia Maseda.