1.O Estado español, canda a nosa Galicia, enfronta a probabilidade dun xiro de 180 graos se o PP e Vox acadan xuntos o 23-X un resultado co que poidan gobernar. O deep state escolleu Feijóo como candidato, persoa sen contidos ideolóxicos de seu e, xa que logo, o mellor executor do programa doutros. Mais está decidido non só a que Vox partille a ecuacion de goberno, senón que lidere dende o seu extremismo españolista e ultracatólico a xeración da axenda dominante dende a súa galegofobía, machismo, homofobia e xenofobia. Na axenda dese hipotético futuro goberno teremos de certo políticas económicas pensadas para as grandes fortunas, recorte substancial dos nosos dereitos e liberdades e agresión discriminatoria para a nosa lingua e cultura e a nosa economía e benestar.
2.- Os centos de milleiros que voten BNG e, en xeral, os millóns de cidadáns que votan polas distintas opcións soberanistas, son (somos) cidadáns de pleno dereito e os deputados que escollan teñen legal e moralmente o mesmo dereito das opcións unionistas españolas para decidir, no seu caso, o futuro Goberno do Estado. Non hai España viábel sen recoñecer a súa plurinacionalidade.
3.- Nas cuestións que se refiren aos dereitos e liberdades (velaí a continuidade na vixencia da prisión permanente, dos delictos de opinión e da “lei mordaza”) e, sobre todo, á política autonómica e territorial, o PSOE e o resto da esquerda española tenden asumir o marco mental da España á forza unitarizada do PP da España española (en moi acaídas verbas do profesor M.A. Bastos) e de Vox. E estas cesións (mellor diríamos asuncións) retroalimentan unha e outra vez este marco mental. Velaí que non haxa solución política a respecto do dereito a decidir, só o castelán sexa realmente protexido e que o independentismo sexa continuamente criminalizado.
4.- PSOE, SUMAR, BNG e as opcións soberanistas catalás e vascas concordan no seu común rexeitamento a esta ameazante regresión 50 anos atrás no tempo. Xa que logo, para a cidadanía demócrata deste País, o voto ao BNG ten a utilidade de impedir este salto regresivo e, ademáis, a utilidade adicional da afirmación dos dereitos e intereses de Galicia e do benestar dos galegos, ausentes dos programas do PSOE e SUMAR. Esta utilidade aplícase tamén nas circunscricións de Lugo e Ourense onde un hipotético primeiro deputado do BNG chimparíalle o terceiro ao PP en cadanseu territorio.
5.- Mesmo no suposto tan lesivo e indesexábel dun Goberno futuro PP-Vox, unha forte representación galega no Congreso constituiría unha acaída ferramenta para lle desenvolver unha ferreña oposición coordenada co traballo en positivo a desenvolver dende os Parlamentos de Galicia e Europeo e dende os gobernos locais progresistas cara reflectir a necesidade dunha inmediata remuda na Xunta de Galicia.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



