Os distintos Tribunais penais operantes na Catalunya, canda a chamada “Audiencia Nacional” e o Tribunal Supremo coñecen de procedementos en curso por feitos conectados co chamado procès que atinxen 4.000 persoas acusadas, condenadas ou investigadas.
Dende o presidente Puigdemont a ducias de alcaldes que colaboraron ao desenvolvemento do plebiscito do 1-OU ou activistas do chamado Tsunami Demócratico que organizou as demostracións cívicas contra a sentenza do Tribunal Supremo de 2019 que condenou Junqueras, Forcadell e outros dirixentes políticos e sociais soberanistas.
Esta enxurrada de procesos penais xurdiu dunha ondada represiva exercida dende a Fiscalía e determinados Tribunais de xeito que se vulneraron (como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rematará por decidir se non hai amnistía) normas procesuais e substrantivas esenciais, definindo unha caste de Dereito Penal do Inimigo dirixido contra un colectivo concretamente identificábel, mesmo chegando acusar de delictos como rebelión ou terrorismo a persoas que non exerceron violencia ningunha. Velaí a esixencia de Puigdemont e do seu partido (JxCat) dunha amnistía que arquive libremente todos os procesos e extinga as penas todas borrrando todos os seus efectos. Unha amnistía social e politicamente necesaria se se quere restaurar a convivencia social e democrática na Catalunya.
Hai xuristas e políticos que dende o unionismo negan a cnstitucionalidade dunha eventual amnistía. Alicérzanse nomeadamente: i) na prohibición dos indultos xerais do artigo 62 da Constitución e ii) na competencia exclusiva dos Tribunais para xulgar e executar o xulgado do seu artigo 117.3.
A prohibición constitucional dos indultos xerais non é aplicábel á amnistía. Os indultos son actos administrativos competencia di Goberno do Estado adoptados, si, con ampla discrecionalidade, mais dacordo cun procedemento regrado. Os seus efectos non acadan os antecedentes deictivos nin a responsabilidade civil derivada do delicto. Pola contra, a amnistía é um acto lexislativo competencia das Cortes Xerais do Estado que elimina todo efecto do delicto, sobresee libremente os procedementos en trámite e evita a incoación doutros novos polos delictos aministiados. A amnistía non atopa prohibición ningunha na Constitución e só require dunha lei orgânica que, tamén, habería reformar puntualmente o Código Penal para precisar que a amnistía extingue a responsabilidade criminal.
Tampouco se pode dicir que unha lei de amnistia vulnere a competencia exclusiva dos Tribunais para xulgar e executar o xulgado. O que fai a amnistía, como o Código Penal, é delimitar os feitos de trascendencia penal que poden ser axuizados, mais non interfire nos procesos xudiciais. Por outra banda, tamén os indultos afectan-regulándoa- á competencia de execución do xulgado, en canto non se poderán facer cumprir as penas impostas obxecto do indulto.
Estamos, pois, diante dunha medida lexislativa conveniente, mesmo moi precisa e nidiamente constitucional.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



