COMUNICADO DE PRENSA UNIÓN INDEPENDENTE DE FOZ (UNIFOZ), presentóuse onte ante os preto de 200 veciños/as de Cangas co obxectivo de informar desta nova Formación Política, así como para pres... Ler máis
FOZ .- O grupo de teatro O Batán, de Cangas, estrea a súa segunda obra o domingo día 13 no Centro Cívico. Trátase de “Aparencias”, orixinal de Francisco Piñeiro que a codirixe c... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O PLAN DO LITORAL HIPOTECA CANGAS CARA O SEU DESENVOLVEMENTO FUTURO Quedan fóra de ordenación núcleos tradicionais como Palmiz, en Forxán. Despreza todo o planeamento municip... Ler máis
NOTA DE PRENSA El Partido Popular una vez más da ejemplo de que aun estando en la oposición trae propuestas al pleno, que es el lugar donde se deben de tratar las necesidades de los vecinos... Ler máis
A consellería de Politica Territorial adxudicou as obras de mellora da estrada LU-162 que comunica o núcleo de Ferreira, en O Valadouro, co de Cangas, no concello de Foz. As obras nesta estr... Ler máis
A asociación de veciños de Cangas programou durante o outono diversos actos e actividades, nos meses de outubro e novembro, como unha viaxe a Semana Verde de Silleda, un magosto popular, a a... Ler máis
A MARIÑA .- Oito representantes de seis entidades veciñais de A Mariña representarán os habitantes da costa de Lugo na Comisión de Participación Cidadá en Materia Sanitaria. O acordo acadoun... Ler máis


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



