- O verán vai chegando ao seu fin, e con el tamén as diferentes propostas lúdico-educativas que programadas dentro de Cervo Concilia e Enredando no verán
As sesións de lingua de signos, nas que os nenos e nenas aprenderon a comunicarse dun xeito diferente, divertido e inclusivo, e o taller de emocións ambas actividades da man de Rosa, e as súas acompañantes caninas Vilma e Tila, axudaron a conectar coas nosas emocións, a aprender a expresalas e tamén a reforzar valores como o respecto, a empatía e o coidado dos animais. A través do contacto con Tila e Vilma, os pequenxs viviron unha experiencia enriquecedora, aprendendo que os cans tamén poden ser grandes mestres e aliados para o noso benestar emocional.
- Desde este martes e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para cubrir a solicitude de matrícula na Escola Municipal de Música de Xove para o vindeiro curso 2025-26
A ficha poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web www.xove.es e entregala cuberta no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello como instancia xeral e adxuntando o impreso de solicitude cuberto. O 6 de outubro facerase público o listado de admitidos/as.
- Novo Domingueo en Ribadeo da man de Acisa e ao ritmo da Fanfarria Taquikardia, que percorreu as rúas da vila
Así concluiu a campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que se veu desenvolvendo desde o pasado 14 de agosto, grazas ao premio á excelencia comercial, que a Dirección Xeral de Comercio da Xunta lle outorgou a Acisa neste 2025. A campaña incluíu Xoves Abertos, Mercados de Rúa, Experiencias de Calidade, concertos musicais na rúa, propostas refrescantes na hostalería e actividades multiaventura para todas as idades. Tamén este domingo tivo lugar un obradoiro de concienciación destinado aos máis pequenos e pequenas da casa, que se celebrou na Praza de Abastos.
- O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este sábado á entrega do LI Certame Literario de Vilalba outorgado este ano á autora Patricia Torrado Queiruga pola súa obra Nakba
A este acto, que tivo lugar no auditorio da localidade vilalbesa Carmen Estévez, tamén asistiu a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o Alcalde do Concello de Xermade, Roberto García, entre outras autoridades. Tras a entrega deste galardón, no que se incluíron varias actuacións musicais, tivo lugar a lectura do pregón das Festas de San Ramón e Santa María a cargo das fotógrafas vilalbesas Inma Purriños e Yolanda Purriños.
- Este venres o salón de actos do Centro Cívico de Xove convertiuse nun escenario de maxia e sorpresas grazas ao espectáculo do ilusionista Joshua Kenneth
O público, maioritariamente infantil, quedou encantado coa habilidade e a creatividade do artista. Joshua Kenneth presentou un repertorio de trucos e ilusións que deixaron aos espectadores coa boca aberta, á vez que poideron participar activamente nalgúns dos trucos e rindo tamén coas ocurrencias do ilusionista que representaba o espectáculo “Ler para crer” (Ler Conta Moito). A xornada seguiu cunha exitosa sardiñada popular animada pola charanga NBA e pola noite verbena coa actuación do grupo América e o musical de La Ocaband titulado “Camiñantes e Cantantes”.
- O Concello de Ortigueira, en colaboración co GDR Seitura 22, no marco do proxecto "Redenerxía", organiza unha charla informativa dirixida a toda a poboación do municipio
O evento, de acceso libre e gratuíto, ten como obxectivo achegar o concepto das comunidades enerxéticas e as súas vantaxes á cidadanía. A charla celebrarase o xoves, 4 de setembro, ás 20:00h no Teatro da Beneficencia. Durante a xornada explicaranse as oportunidades que ofrecen as comunidades enerxéticas para a explotación dos recursos locais, os seus beneficios económicos e ambientais, e os pasos necesarios para a posta en marcha deste tipo de iniciativas.
- REYCO será un dos principais patrocinadores do Burela FS esta tempada
A empresa mariñá líder en transportes e loxística a nivel internacional será clave para a supervivencia do club neste curso.