Nota de prensa O vindeiro sábado día 20 de Novembro ás 19:45h. no Pavillón Municipal da Pontenova o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á oitava xornada... Ler máis
Nota de prensa ?XORNADA CATEGORIAS INFERIORES CFS CIDADE DE VIVEIRO: ?LIGA AUTONÓMICA XUVENIL C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO – CP CASÁS Domingo 21 ás 12:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro... Ler máis
Nota de prensa O vindeiro sábado día 13 de Novembro ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á sétima xornada da... Ler máis
Nota de prensa O vindeiro sábado día 6 de Novembro ás 20:00h. no Pavillón Municipal de Becerreá o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á sexta xornada da... Ler máis
Nota de Prensa No partido disputado este sábado ás 20:00h. no Pavillón Municipal de Sarria, correspondente á segunda xornada da liga provincial sénior masculina o C.F.S. Cidade De Viveiro lo... Ler máis
Nota de Prensa O vindeiro sábado día 9 de Outubro ás 16:00h. no Pavillón Paco Paz de Carballiño producírase o debut do equipo xuvenil masculino CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO na liga... Ler máis
O vindeiro sábado día 9 de Outubro ás 20:00h. no Pavillón Municipal de Sarria o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á segunda xornada da liga provincial... Ler máis
Nota de Prensa No partido disputado este sábado ás 19:15h. no Pavillón Municipal de Viveiro o C.F.S. Cidade De Viveiro logrou impoñerse ao Samos F.S. por 6 goles a 4. O partido supuxo o debu... Ler máis
Nota de prensa O sábado día 2 de Outubro ás 19:15h. no Pavillón Municipal de Viveiro producírase o debut do equipo sénior masculino do recen creado CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO na l... Ler máis
Nota de Prensa O pasado Mércores día 22 de Setembro disputouse no Pavillón Municipal de Viveiro o I TORNEO ASPORT21 de Fútbol Sala Costa-Lotto, no que participaron o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDA... Ler máis


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



