REFERENCIA No contrato de redacción do proxecto de trazado, adxudicado en abril de 2007, xa se establecía a necesidade dun enlace intermedio no treito Landrove-Celeiro para a conexión do núc... Ler máis
XOVE .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou a alcades en Xove “a folla de ruta do actual Goberno” para denominada vía de al... Ler máis
SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que remitiu aos alcaldes da Mariña e Ortegal os documentos que demostran que o anterior goberno da Xunta par... Ler máis
ORTIGUEIRA .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, confirmou que o corredor da costa non estará rematado na provincia de Lugo antes do ano 2017.... Ler máis
Nota de Prensa A iniciativa contou co voto favorable de todas as forzas políticas, e agora será trasladada ao resto dos concellos da Mariña onde se vaia a debater proposta para axilizar a c... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela considera moi importante para A Mariña e Ortegal a construción da autovía Ferrol-San Cibrao. Alfredo Llano asistiu ó encontro celebrado esta mañá en Ort... Ler máis
Nota de Prensa Socialistas e nacionalistas deberían entoar o “mea culpa” despois de que nos catro últimos anos os trámites administrativos da Vía de Altas Prestacións entre Ferrol e Barreiro... Ler máis
NOTA DE PRENSA O deputado popular quere saber se o Executivo de Alberto Núñez Feijóo prevé a adxudicación dalgún outro tramo desta vía distinto do que xa foi publicado no DOGA o pasado mes d... Ler máis

















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



