17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A principios do 2010 o “Pesca2 disporá de dobre tripulación o que garante a súa operatividade”, asegura o PP

25-09-09

Nota de Prensa

Xa se están a licitar as obras de adecuación do hangar do helicóptero para acoller as instalacións necesarias para albergar a garda presencial do persoal necesario para voar e manter en estado operativo o aparello

A XUNTA CONFIRMA QUE NOS PRIMEIROS MESES DO 2010 O PESCA 2 DISPORÁ DE DOBRE TRIPULACIÓN O QUE GARANTE A SÚA OPERATIVIDADE OS 365 DÍAS DO ANO, AS 24 HORAS DO DÍA

•    O Goberno de Feijóo destinará máis dun millón de euros na dotación dunha segunda tripulación de reforzo para o helicóptero con base en Celeiro.

•    O secretario xeral do Mar confirma que non existía, no momento da chegada do novo equipo directivo, consignación orzamentaria algunha para destinar fondos a  ampliación do persoal con base en Celeiro.

A Mariña, 25 de setembro de 2009.- O secretario xeral da Consellería do Mar, Francisco José Vidal-Pardo confirmou en resposta a pregunta dos deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol que a Xunta de Galicia destinará máis dun millón de euros na dotación dunha segunda tripulación de reforzo para o helicóptero dos Gardacostas de Galicia con base en Celeiro, o Pesca 2. O devandito compromiso supón a plasmación dun compromiso electoral acadado por esta formación política nos últimos anos.

O BIPARTITO NON PREVÍA ESTE INVESTIMENTO

Tamén puido coñecerse que a Consellería do Mar xa está a licitar as obras de adecuación do hangar do helicóptero para acoller as instalacións necesarias para albergar a garda presencial do persoal necesario para voar e manter en estado operativo o aparello. O Goberno galego traballa para mellorar a calidade da prestación dun servizo que veu amosando serias carencias e deficiencias nos últimos anos. Balseiro lembrou que, malia a evidencia destas carencias, o bipartito negou unha e outra vez a posibilidade de acometer este reforzo e que incluso, destacados dirixentes do PSOE e do BNG, chegaron a defender o servizo funcionaba perfectamente e que os homes e mulleres do mar da costa  norte de Lugo e da Coruña non precisaban  dun servizo reforzado destas características. Balseiro amosa a súa satisfacción polo cambio de criterio do Goberno, porque co PP nas primeiras semanas do vindeiro ano, o Pesca 2 estará operativo mediante garda presencial as 24 horas do día, os 365 días ao ano, permitindo unha resposta de 10 minutos ante calquera emerxencia.

O BIPARTITO NON PREVÍA ESTE INVESTIMENTO

Por outra banda, o Goberno confirma que non existía, no momento da chegada do novo equipo directivo á Consellería do Mar, consignación orzamentaria algunha para destinar fondos a  ampliación do persoal con base en Celeiro. “Era evidente –segundo Balseiro- que o bipartito boicoteaba toda posibilidade de mellora no servizo de Gardacostas de Galicia, cando esta se platexaba na nosa costa. Non podemos comprender as razóns deste desprezo”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive