18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP descoñece o orzamento e o número de vivendas sociais que podería facer Xunta en Trabada e pregunta no Parlamento

29-12-09

Nota de Prensa

Os deputados  Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao son os autores desta iniciativa que pretende recuperar un proxecto  esquecido no seu día polo  Goberno bipartito autonómico

O PP PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE O ORZAMENTO  E  O NÚMERO DE VIVENDAS SOCIAIS PREVISTAS POLA XUNTA NO CONCELLO DE TRABADA

* O Concello  de Trabada acordou, o 4 de setembro de 2009, a cesión á Xunta dun solar de 3.741 metros cadrados sitos na rúa San Roque –ao carón da anterior promoción – co obxecto  de destinalo á construción de novas vivendas sociais.

* A través deste proxecto preténdese dar resposta a unha  importante demanda veciñal que supera o medio de cento de peticións de vivendas  a prezos accesibles.

A Mariña, 29 de decembro de 2009.- Os deputados  do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao rexistraron no Parlamento unha iniciativa co obxecto de coñecer as previsións que manexa o novo Goberno galego ao respecto da construción de novas vivendas sociais no  termo municipal de Trabada. O PP quere coñecer tanto o orzamento dispoñible para esta actuación como o número de vivendas sociais proxectadas neste concello.

Os populares lembran que xa no seu momento existía o compromiso de  desenvolver unha segunda fase de construción deste tipo de edificacións,  despois de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo promovese unha serie de vivendas unifamiliares adosadas  en Trabada. Desafortudamente o proxecto atopouse coa falta de vontade e esquecemento do anterior Goberno bipartito da Xunta o que  implicou a súa paralización. Desde o PP subliñan que o desinterese dos anteriores responsables  da Xunta bipartita pola posta a disposición dos veciños de vivendas a prezos  accesibles foi a nota característica da súa actuación, non xa en Trabada, senón incluso no resto das bisbarras da Mariña lucense.

A construción de novas vivendas sociais en Trabada ten por obxecto responder a unha gran demanda veciñal que supera o medio cento de peticións. Para facer realidade este proxecto o Goberno municipal acordou, con data 4 de setembro de 2009, a  cesión á Xunta dun solar de 3.741 metros cadrados sitos na rúa San Roque –ao carón da anterior promoción pública- o que serve para facilitar a recuperación dun proxecto chamado a garantir a un bo número de familias deste concello a máis doada adquisición en propiedade  dunha vivenda digna.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive