Nota de Prensa
O PP vota en contra dos intereses de Xove no Parlamento galego
O grupo parlamentar do Partido Popular non aprobou ningunha das emendas aos orzamentos presentadas para o beneficio dos xovenses polo Bloque Nacionalista Galego.
Marco López, responsábel local do BNG de Xove, manifestou no día de onte “unha fonda decepción” despois de que o PP rexeitara coa súa escasa maioría absoluta todas as emendas presentadas polo grupo parlamentar do BNG aos Presupostos Xerais do noso país para o vindeiro ano 2010.
Na votación realizada polo Pleno do Parlamento de Galiza rematou a tramitación das contas públicas galegas do próximo exercicio e, con ela, morreu tamén a proposta de construción de Vivendas con Protección Pública en Xove (orzamendada en 300.000 €), o desenvolvemento do Roteiro dos Muíños (cun presuposto de 80.000 €), o apoio á Comunidade de Montes de Laxamoura (San Isidoro de Monte) iniciado polo ex conselleiro Alfredo Suárez Canal e mais a redacción do proxecto do cinto industrial de Alcoa (esta última solicitada en común por Xove e Cervo, e cun orzamento estimado de 300.000 €).
O cargo orgánico do Bloque xovense opinou que, no seu entender, está clara a razón da votación contraria ao progreso do municipio: “O PP pensa que en Xove teñen un celeiro de votos que non move nin o vento do Klaus”, aseverou López, “e iso é moi perigoso para os intereses do noso Concello”.
A formación nacionalista, por boca do seu responsábel local, preguntouse se este é o famoso “plan de choque” pregoado polo PP na campaña electoral para combater os problemas laborais e de desemprego: “A fachenda non crea benestar”, sentenciou Marco López.
Por último, o nacionalista manifestou que coa aplicación das políticas que está a levar a cabo a nova Xunta, coa conivencia do goberno municipal de Xove, o chan real da crise no Concello “aínda está por vir”, dado que os recortes no investimento público “frean a capacidade de desenvolvemento económico” e, polo tanto, “afondan na destrución de postos de traballo en toda a Mariña”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



