BURELA .- O colectivo cultural Buril, de Burela, organiza un ano máis unha festa para para celebrar o paso de ano pola hora galega. A festa de fin de ano será às 00:00 horas (01h00, hora española) no pub Penta de Burela, na rúa Marques de Sargadelos. Haberá uvas para as persoas asistentes. Con esta iniciativa Buril quere “cuestionar, dunha forma lúdica cal é a hora que deberíamos ter na Galiza, se a actual hora peninsular española ou a hora do fuso horario ao que pertence xeográficamente a Galiza (GMT=0), como acontece nas Illas británicas, Portugal, Illas Canarias”.
Nota de Prensa
O Colectivo Cultural Buril organiza mais un ano unha festa para para celebrar o paso de ano pola hora galega. A festa de fin de ano será no pub Penta de Burela, às 00:00 horas (01h00, hora española), onde se proxectará um vídeo realizado para a ocasión. Haberá uvas para as persoas asistentes e tamén se poderán ouvir músicas en galego.
Queremos cuestionar, dunha forma lúdica cal é a hora que deberíamos ter na Galiza, se a actual hora peninsular española ou a hora do fuso horario ao que pertence xeográficamente a Galiza (GMT=0), como acontece nas Illas británicas, Portugal, Illas Canarias…
Convidamos a todas as persoas que queiran celebrar o Fin de Ano polo hora galega e aproveitamos para desexar un feliz e próspero ano 2010 a todos os burelaos e burelás, xente da Mariña e de todo o País.
Queres celebrar a passagem de ano pola nossa hora? Vem à festa de fim de ano que Organiza o Colectivo Cultural Buril, a noite do dia 31, por volta das 23h45 (00h45 hora espanhola), no pub Penta de Burela. Seram retransmitidas as badaladas ao vivo desde um lugar surpresa. A seguir haverá música em galego e festa rachada até que os corpos aguantem.
E tu, vas ficar em casa? Vem celebrar o Fim de Ano pola hora galega connosco!
O Buril deséja-vos um feliz ano 2010!

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



