15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inaugúrase en Barreiros a exposición fotográfica Olladas de mulleres, visión desde A Mariña

05-02-10

BARREIROS .- Mañá sábado, a partir das 18.30 horas, inaugúrase no Centro Social “Manuel Díaz Sampedro” a exposición “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”, unha selección das mellores fotografías realizadas polas participantes no obradoiro de fotografía dixital do mesmo nome, que desde o mes de novembro tivo lugar no concello de Barreiros organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Na inauguración participarán a concelleira de cultura barreirense Adelina Rodríguez Fernández, xunto á directiva do Observatorio Loli García Docobo, ambas as dúas acompañadas de mulleres participantes no curso que darán conta das súas experiencias durante o obradoiro dixital de fotografía e durante a toma de decisións e organización da exposición. Haberá tamén un ágape, ao que están convidadas todas as persoas que acudan ao acto.

A exposición consta de 32 fotografías en cartón-pluma tamaño grande, o que a converte na máis numerosa dentro do ciclo Olladas de Mulleres. A mostra fotográfica poderá verse desde este sábado 6 até o 20 de febreiro no propio centro social “Manuel Díaz Sampedro”, de luns a venres de 16 a 20 horas.

EXPOSICIÓN CONXUNTA

Como colofón á actividade organizarase unha EXPOSICIÓN CONXUNTA de todos os traballos fotográficos seleccionados polas participantes no obradoiro de fotografía dixital + exposición “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA” de Mondoñedo, Burela e Barreiros. Esta exposición poderá visitarse en Viveiro, no Centro Comarcal da Mariña Occidental, desde finais de febreiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive